Recentemente usou dunha forma esperpéntica un argumento que incomprensíbelmente o PPdeG esgrime como punta de lanza eleitoral sen a máis mínima vergonza ou recato: que se o PSOE chega á Xunta converterá a Galiza nunha "sucursal" de Madrid.Sí, señores e señoras, o mesmo presidente "pecador de la pradera" para o que Galiza non necesitou nada durante 8 anos de "goberno Aznar", agora de repente esixe a "débeda histórica diodenal", e di que "no puedo, no puedo" soportar o abandono de Zapatero para con Galiza. Pero agora este chiste de mal gusto aínda foi máis alá: Disque só o voto ao PP é bó para o noso país, porque o "fistro vaginal" de Touriño depende de Madrid e ¡¡¡¡ao BNG non lle interesa Galiza!!!! (Jaaaar, no puedo, no puedo...).
Desde o BNG de Carnota agradecemos que Fraga asimile con ese bó humor a histórica derrota que vai sufrir en menos de un mes.

"En el PP sí que nos tomamos
Galicia en serio, ¡jaaaar!"
Se podes, comenta algo desas imaxes que se emitiron hoxe ó longo de todo o día de Fraga. Moitos preguntábanse onde fora parar o seu estilista...
ResponderExcluirFelicidades polo traballo que estades a realizar neste blog. Visitareino moi a miúdo como boa carnotana que son