AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

02/05/2005

Os ecoloxistas solicitan a apertura da fervenza do Ézaro

Comparte e opina:
O pasado día 16 de abril membros da Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos achegaronse ao encoro do río Xallas en Carnota para manifestar o seu rexeitamento "á burla que supón que o único río de Europa que desemboca en fervenza no mar, o faga na actualidade por unhas tubarías", como declarou Xan Carlos Fernández, de ADEGA.
Como parte do acto, tivo lugar a apertura simbólica das comportas do encoro. Ademais, os membros da promotora da iniciativa sacaron pancartas e esixiron o derrubamento do encoro, pois "é máis rendíbel cultural, social e turísticamente que a cantidade de watios que poida producirlle a unha empresa privada".
Tamén aproveitaron para denunciar o cinismo das autoridades competentes, citando o feito de que a Xunta inaugurou a bombo e platillo a apertura da fervenza, pero que realmente acabou funcionando tan só unha hora diaria dos domingos do mes de agosto, ou o que é o mesmo, catro horas ao ano.
Pero como ben tivemos ocasión de comprobar durante as Xornadas de Verán organizadas por Galiza Nova en Carnota no ano 2003, e en que unha das actividades programadas era a visita á fervenza do Xallas en "horario de apertura", acabamos contemplando decepcionados como caía un groliño de auga durante menos de media hora.
(Fonte: A Peneira)


A fervenza do Xallas, un patrimonio ecolóxico
único en Europa ao servizo dos intereses privados
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: