AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

24/08/2005

Terrorismo forestal

Comparte e opina:
Na tardiña do pasado domingo 21 iniciouse un lume enriba de O Pindo. Pouco tempo despois alertouse dun foco preto do lugar de San Cibrán. A medianoite, un novo foco iniciouse nos montes de Lira. Tres días despois, O noso Concello está en boca de toda España, e novamente por outra desgraza que tingue de negro a nosa natureza, con lugares desaloxados, casas e cubertos calcinados e máis da metade da superficie forestal municipal absolutamente arrasada.
De feito, de norte a sur, comezando pola mesma desembocadura do Xallas que da a benvida ao noso Concello ata o Ancoradoiro que da comezo ao colindate Concello de Muros, todo foi pasto das lapas excepto o tramo de monte entre Lira e San Mamede.
Os focos sempre comezan xunto a pistas forestais, en lugares estratéxicos e de relativo difícil acceso, a entrada da noitiña -xusto cando os medios aéreos deixan de ser úteis-, cordinados e incluso valéndose dos ventos para cumprir cos seus davastadores obxectivos; o que ademais de facernos ver a intencionalidade dos mesmos, denota que a única intención é arrasar o máximo número de hectáreas posíbeis, aínda conscientemente de que se van a poñer en perigo vidas e propiedades.
A nosa máis sinceira repulsa hacia este tipo de accións, o que a "Vox Populi" Carnotá xa califica acertadamente de terrorismo, e que, tal vez, como tal debería ser penado.
Etiquetas: , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: