AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

28/07/2006

Un 25-x memorábel, adiante co BNG!

O pasado martes día 25 de xullo, Día da Patria Galega, tivo lugar a manifestación nacionalista convocada polo BNG como cada ano. A impresionante concentración de militantes e simpatizantes do BNG partiu ás doce horas da Alameda compostelana e percorreu as rúas da capital de Galiza nun ambiente fraternal e moi reivindicativo, berrándose todo tipo de consignas a prol do recoñecemento de Galiza como nación, a prol da normalización do idioma nacional e como non animando ao Bloque Nacionalista Galego a seguir avanzando en todos os aspectos.Finalmente, a comitiva reuniuse na praza da Quintana na tradicional arenga do BNG, nesta ocasión protagonizada pola deputada nacionalista Ana Pontón e o vicepresidente da Xunta Anxo Quintana. Foi nese momento cando puidemos asimilar o auténtico alcance do espectacular éxito da convocatoria, estimado pola organización en arredor de vinte mil persoas, o que supón unha das manifestacións nacionalistas máis concurridas da historia.

Ademáis este ano a xornada foi especialmente conmotiva e tal vez un chisco "diferente", pois por primeira vez o BNG chega ao Día da Patria Galega xa non para pedir contas aos demáis senón para rendirlle contas á cidadanía galega da súa acción de goberno.


Logo das impecábeis arengas de Pontón e Quintana, a concurrencia participou no xa tradicional xantar nacionalista na Carballeira de Santa Susana, totalmente sumida nun ambiente fraternal e festivo, e ateigado de xentes de todas as idades e procedencias.


Como non podía ser doutro xeito, o Día da Patria estivo perfectamente complementado cunha nova edición do Festigal, enorme festival multitemático organizado por Galiza Nova, que pulverizou de novo todas as espectativas. Durante dous días tivemos un impresionante cartel de actuacións, unha infinda oferta de actividades lúdicas, culturais, musicais, infantís e un longuísimo etcétera que se poden deixar un mal sabor de boca é tan só por non dar tempo a disfrutar de todas as actividades.


É difícil explicar sen extendernos moitísimo máis a emoción que sentimos, xa no solpor deste inesquecíbel Dia da Patria. Alí estivo o BNG de Carnota, reivindicando, pasándoo ben e confraternizando con amigas e amigos de todas as partes do País e mesmo de fóra, como xa o estivemos sempre. E a quen lamentabelmente non puido estar con nós este ano, saudalo con todo o agarimo e invitalo a acompañarnos o ano que vén coas enerxías renovadas. Que viva o Día da Patria, adiante co BNG, adiante por Galiza!
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: