AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

05/07/2006

A ampliación da piscifactoría de Quilmas xeraría 50 novos empregos

Comparte e opina:
Bieito Lobeira e Carlos Aymerich visitan a planta de rodaballo de Lira

Os deputados no Parlamento galego Carlos Aymerich e Bieito Lobeira achegáronse pola tarde ao concello de Carnota para interesarse polos proxectos para a ampliación das plantas de rodaballo que a empresa Prodemar ten sitas en Quilmas e en Lira. Durante a rolda de prensa que tivo lugar ao pé da piscifactoría de Lira, e en presenza dos membros do grupo municipal do BNG, o director das plantas espuxo o proxecto de ampliación.
Os nacionalistas amosáronse amplamente receptivos coa iniciativa, e comprometeron a súa mediación para darlle pulo ao proxecto en todos os estamentos onde o BNG teña presenza. Por outra parte, tanto os concelleiros Pepe Domínguez e Merche Díaz como o alcalde de Carnota Manolo García salientaron a importancia das ampliacións para o desenvolvemento de Carnota, e en especial no aspecto de que só no caso de Quilmas xeraríanse 50 novos postos de traballo directos para os veciños.

O propio deputado Bieito Lobeira asegurou que "O BNG cre que esta comarca goza de condicións extraordinarias para a acuicultura, e nós apoiamos plenamente os proxectos de Prodemar". Aymerich tamén foi explícito no apoio do BNG a este tipo de iniciativas, especialmente no senso de frear a despoboación: "Con propostas coma a de Prodemar pódese inverter a tendencia. A potenciación do medio natural é sempre positiva se vai acompañada de progreso social, por iso hai que lograr que os territorios da Rede Natura se consideren como un mérito, e non un problema». Aproveitaron a oportunidade para facer unha mención ao interese doutros proxectos de importancia do proxecto Mardelira da Confraría de Pescadores de Lira (en especial no referente á creación dunha reserva mariña) para o desenvolvemento das potencialidades da nosa comarca, así como a necesidade de acelerar os proxectos do Concello de creación de vivendas sociais e dotación de Parque Empresarial.

Logo a comitiva aproveitou para visitar as instalacións da piscifactoría, interesándose especialmente pola experiencia piloto de cría de rodaballo.

A presencia dos deputados nacionalistas en Carnota non é inusual. Aymerich xa se achegou en varias ocasións -mesmo durante a súa etapa como senador- a interesarse polas necesidades e problemáticas do Concello. Do mesmo xeito, Bieito Lobeira aínda nos visitou recentemente para entrevistarse a pé de praia co colectivo de mariscadoras, a raíz da escaseza de capturas a partires da catástrofe do Prestige, onde foi informado dos graves problemas das traballadoras para aboaren mesmo os seus seguros.
Etiquetas: , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: