AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

24/03/2007

Investimentos de Medio Rural nos montes de Carnota

Comparte e opina:
Medio Rural inviste preto de 7,5 millóns de euros en diversas actuacións forestais no distrito de Fisterra.
A Consellaría do Medio Rural, a través de distintos plans e ordes de axudas, está a executar obras forestais no distrito V – Fisterra por un total de 7.418.564 euros. O director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blanco, desprazouse esta mañá a Carnota para participar nunha plantación feita por escolares no monte Lariño e visitar diferentes zonas deste concello no que se están a executar obras correspondentes a estes investimentos. Durante esta visita, Alberte Blanco destacou que “estamos a falar dun orzamento moi elevado, tendo en conta que a maioría dos fondos destinados á provincia da Coruña se concentran en actuacións neste distrito, aos que haberá que sumarlle os 280.000 euros correspondentes aos convenios cos oito concellos asinantes para a limpeza de núcleos, e os convenios que se asinarán nas vindeiras semanas para desbroce e motobombas, o que nos situará preto dos oito millóns de esuros de investimento no distrito V”.
O director xeral tamén aproveitou a súa visita a para manter unha xuntanza con representantes das CMVMC de Carnota na Casa do Concello para darlles a coñecer as distintas liñas de subvencións que ten artelladas este ano a Consellaría, así como as actuacións que se incluirán dentro do Plan de emerxencia de restauración de zonas queimadas que se levarán a cabo neste exercizo nos montes deste concello.
Este orzamento destinado a obra forestal corresponde a sete programas diferentes, que inclúen investimentos directos para o 2007, a liña de axudas pra a comercialización de produtos silvícolas, o pago de primas de mantemento e compesatorias 2006, pagos e aprobacións das ordes de axuda á silvicultura, o plan de emerxencia de restauración hidrolóxica forestal 2005, o plan de emerxencia de restauración hidrolóxica forestal 2006 e o plan de restauración hidrolóxica forestal de actuación prioritaria Fisterra 2003-2007, que se está a rematar neste exercicio.
En concreto no concello de Carnota, estas actuacións afectan a un total de 1.828 hectáreas de montes veciñais en man común e a 1.491 hectáreas de montes do catálogo de utilidade pública. Os montes veciñais de man común nos que se está actuando son o de Lira, Adraño, San Mamede, Mallou, Maceiras, Pedrouzo, Caldebarcos, San Cibrán, Aguillóns, Vallóns, Pedramarrada e Carrofeito. Mentres que en montes do catálogo de utilidade pública, as obras realízanse no Monte Cadeiras, Pindo, San Mamede, Aguillóns e Vallóns.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: