AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

14/05/2007

Primeiro mítin de campaña no Pindo

Comparte e opina:
Cunha multitudinaria asistencia de veciños desenvolviuse o acto electoral que abre a axenda de mitins do BNG de Carnota coa vista posta nas Eleicións Municipais que terán lugar o videiro día 27 de maio.
O cartel de ponentes estivo conformado pola veciña do Pindo e candidata nº 5 Consuelo Lamela, a actual concelleira e nº 2 Merche Díaz, o conselleiro de Industria da Xunta de Galiza Fernando Blanco e o candidato do BNG á alcaldía de Carnota, Tomás Freire.
O acto foi aberto pola intervención de Consuelo Lamela, veciña do Pindo e de profesión ama de casa, no que foi a súa primeira intervención nun acto político, que aproveitou para manifestar o agradecemento porque o BNG contara con ela para a elaboración das súas listas, e para louvar o traballo anónimo que ven facendo o BNG durante os catro anos no estudo das problemáticas do noso concello e na procura de solucións, traballo que nin o PSOE nin o PP desempregan, aparecendo tan só a dar a cara durante a campaña, e que nin sequera souberon presentar aos seus veciños un programa de propostas propias.
En segundo lugar, interviu Merche Díaz, secretaria da Confraría de pescadores do Pindo e nº 2 da lista do BNG, que é o único nome que repitirá con toda seguridade participación no goberno municipal tras a espectacular renovación da candidatura do BNG de Carnota. Durante o seu discurso, Merche explicou pormenorizadamente a mellora da atención aos veciños e dos programas de asistencia social durante os últimos oito anos, unha das áreas do goberno mellor valoradas polos veciños e da que ela como concelleira de Asuntos Sociais é a principal artífice. O compromiso para seguir mellorando o paquete de servizos sociais marcou a súa intervención en todo momento.
De seguido tivo lugar a intervención de Fernando Blanco, conselleiro de industria da Xunta de Galiza, que chegou cun certo retraso por circunstancias alleas á súa vontade. Blanco mencionou a súa impresión pola cantidade de aeroxeradores presentes no noso concello, e criticou a total man ancha que a anterior Xunta daba ás empresas foráneas para a instalación de aeroxeradores cunha nula repercusión económica e de mellora da calidade de vida dos veciños. Ademais de amosar o total apoio aos proxectos que o BNG ven desenvolvendo en materia de creación de solo industrial no noso concello, amosou tamén o seu compromiso persoal para axilizar no posíbel a execución do Parque Industrial de Carnota e a Central de Biomasa.
Por último, e absolutamente arroupado pola asistencia, intervén Tomás Freire, novo candidato do BNG de Carnota, que fixo mención ás 20 propostas estrela do BNG para comezar a capitalizar social e economicamente a histórica situación de bonanza económica do concello de Carnota logo de 8 anos dun goberno nacionalista que herdara do anterior goberno popular un concello case arruinado. Tamén fixo fincapé en que o BNG é o único partido que se presenta en Carnota que fala de proxectos de futuro, levando o PP catro anos desaparecido e o PSOE asumindo de xeito case calcográfico as propostas nacionalistas. O noso compromiso de ter en conta a opinión dos veciños nos nosos proxectos estivo sempre presente, e non quixo presumir do inicio das obras do historicamente demandado paseo marítimo do Pindo, senón que afirmou que xa estamos traballando na súa extensión ata a ponte do Ézaro para mellorar a calidade de vida dos veciños e convertir O Pindo nun referente turístico de calidade en toda a zona. Outra das propostas que maior entusiasmo espertaron na concurrencia foi a de habilitar un local social que dé resposta á puxante actividade asociativa, deportiva, cultural e social que se está a producir no Pindo.
Lugar aparte merece o recordatorio que Tomás fixo á actitude do PP e en especial do seu candidato Oreiro en relación cos proxectos para O Pindo e Carnota, como a pretensión do derrubo do pósito dos mariñeiros do Pindo, e a súa oposición ao cobro de 30 millóns da Xunta para o arranxo dos danos dos temporais, a negativa ao arranxo da estrada comarcal 552 ao seu paso polo Pindo ou o seu absurdo voto en contra do censo municipal de habitantes, o que levantou os risos do público.
Tomás pechou o acto pedindo o voto para o único proxecto serio e de futuro que se presenta dentro de trece días, o BNG, e para que Carnota siga avanzando, arrancando de novo os aplausos unánimes da multitudinaria asistencia.
Desde aquí só nos queda agradecer de todo corazón a confianza que os veciños do Pindo depositaron no noso candidato e no proxecto do BNG, e asumir esa enerxía para traballar despois das Eleicións e durante os vindeiros catro anos para que todos os veciños nos sintamos orgullosos dun concello vivo no que residir e traballar, e que garanta unha axeitada atención social a todas as necesidades dos veciños.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: