AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

23/08/2007

Só cinco alcaldes en todo o estado español acaparan tamén acta de deputado no Congreso

Comparte e opina:
Só en catro concellos de todo o estado se está a producir actualmente unha situación coma a de Carnota, na que o alcalde se ve obrigado a delegar as súas funcións municipais durante parte da semana debido á súa acta de deputado no Congreso. Ademais do caso do popular José Oreiro en Carnota, dous alcaldes máis do PP atópanse na mesma situación: Ángeles Muñoz en Marbella, e José Folgado en Tres Cantos (Madrid). Os outros casos son Ana Oramas, de Coalición Canaria, rexedora en La Laguna (Tenerife), e Rosa Apolonio, do PSOE, en Montilla (Córdoba). Esta situación está a provocar unha polémica de certa repercusión pola peculiaridade de ser Marbella (125.000 habitantes) un dos municipios afectados.

Xa diversas forzas políticas -incluíndo o PP- manifestaron as súas dúbidas sobre a ideonidade de que unha mesma persoa acapare os cargos de alcalde dun municipio e deputado na Cámara Baixa. As críticas do grupo popular chegaron logo de que o alcalde de Madrid, Ruíz Gallardón, anunciara estes días a súa intención de participar nos postos de saída da candidatura do PP na súa Comunidade.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: