
O proxecto, xestionado a tres bandas polo anterior goberno de Carnota, a Confraría de Pescadores do Pindo e a propia Consellería de Vivenda (grazas á mediación directa da Directora Xeral Encarna Otero), cataloga o conxunto como patrimonio arquitectónico etnográfico, e contempla a súa restauración e protección do vandalismo e deterioramento ao que estaba submetido.As tarefas de rehabilitación serán financiadas plenamente pola Consellería de Vivenda cun orzamento algo inferior aos 83.000 euros, e acometerá a substitución das cubertas, estruturas e carpinterías e dos elementos non tradicionais, mellora do pavimento, saídas de augas residuais e a limpeza e encintado dos muros de pedra. Ademais, no entorno inmediato faranse tarefas de adecentamento, mediante o alumeado sen tendidos aéreos, desbroce e sinalizado de camiños e fornecemento de mobiliario urbán de lecer para converter a punta de Caldebarcos nun mirador natural de atractivo turístico, ademais da instalación dos pertinentes paneis informativos.


Hai 0 opinións.
Publica a túa!