Ao longo do mes de decembro a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza comunicou ao Concello de Carnota a imposibilidade de aceptar a súa solicitude de prórroga para a reformulación do proxecto de Galescola de Carnota que aprobara o goberno anterior.
Dita prórroga era claramente inviábel, tal e como xa advertimos nesta mesma páxina e no Pleno correspondente, posto que a partida orzamentaria específica que financiaba a práctica totalidade da Galescola de Carnota caducaba en decembro deste ano, data en que a obra tiña que estar non só comezada senón rematada e entregada.
Calquera cun mínimo coñecemento da xestión pública tiña que sabelo, entendemos que o goberno municipal tamén tiña que sabelo. Non obstante optaron por insistir obcecadamente por derribar o proxecto xa contratado polo goberno anterior, facendo ouvidos xordos ás reiteradas advertencias do BNG e argumentando o "avanzado estado" dunhas supostas negociacións para ofrecer unha ubicación alternativa, das que nunca máis soubemos.
O BNG de Carnota lamenta que unha simple cuestión de apreciación rematara por dilapidar meses de esforzos da anterior corporación municipal e a boa disposición da Vicepresidencia para facilitar a instalación dunha infraestructura tan importante no noso municipio. A Galescola puido ser, e non foi. E o que é peor, se non foi é porque representantes políticos elixidos polo pobo non a quixeron.
O BNG vai instar a que a corporación municipal recoñeza publicamente a súa renuncia á Galescola de Carnota.
Ademais, seguiremos traballando na defensa dos veciños perxudicados e a prol de calquera iniciativa de apoio a instalación dunha Galescola en Carnota.
A perda da Galescola de Carnota xa é oficial
Publicado ás 16:46h, en .carnota, actualidade municipal, asuntos sociais, calamidade, ensino, goberno, obras, proxectos, servizos públicos, xunta | Ver
3 comentarios:
-
Anônimo
on
7/1/08 12:25
Malditos incompetentes...
Dende que levan no goberno estanse perdendo a maior parte dos servizos, como escola de idiomas, informática e agora tamén a galescola.
Parece ser que só se centra no urbanismo e en decirlle ós veciños o arruinados que están...aínda que dese tema falamos noutro capítulo.
Saúdos
Oreiro que siga así...e Carnota irá coma os cangrexos! -
Anônimo
on
7/1/08 18:52
E que alguén o dubidaba.
Esto non e so incompetencia, que a hai e moita, foi feito con coñecemento de causa. Había que perdela e perdeuse. Causas para querer perdelas ocórrenseme unhas cantas.
Que Carnota se quede sen galescola non ten importancia. O único que importa aquí son os intereses políticos e persoais do señor Oreiro e compañía. So aí que ver a cadro de persoal.
O señor que vai a Madrid a levantar a man e vive de eso fai lustros, que xa esta profesionalizado no servilismo do seus amos.
O señor reconvertido de non se sabe que ideoloxía tiña, e suicida frustrado cando pensou que tiña que volver ao andamio
E a señora mitómana adoradora do señor dos madriles, cega politicamente, e sen puñetera idea de xestión e iniciativa nula.
¿Esperabades outra cousa de este cadro mais que este esperpento? -
Anônimo
on
2/2/08 14:11
Que escándalo, e despois aínda temos que ler na prensa que a gardería privada existente non da abasto:
"desde a gardería de Carnota apuntan a que o reducido horario do centro, que só é de mañá, obriga a uns pais cunha xornada laboral completa a depender de alguén máis que da escola infantil para atender ao pequeno."
(http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/01/23/0003_6502767.htm?idioma=galego)
Menuda panda de incompetentes. E isto nada máis chegaren!






Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.