AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

25/04/2008

Convocatoria de pleno ordinario

Hoxe, día 25 de abril, terá lugar un pleno ordinario da corporación municipal de Carnota, no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 20:30 horas.


A Orde do día é a seguinte:
  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 4 de abril de 2008.
  2. Dar conta das Resolucións de Alcaldía.
  3. Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora do Servizo de axuda no fogar.
  4. Aprobación de “Plan de igualdade de oportunidades municipal”.
  5. Ratificación da Resolución de Alcaldía do 21 de abril de 2008, sobre solicitude de prórroga á prestación de servizos sociais á Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar.
  6. Adhesión ao Pacto territorial de emprego da Costa da Morte.
  7. Adxudicación dunha operación de tesourería.
  8. Rogos e preguntas.
Coma sempre, desde o BNG de Carnota chamamos a toda a veciñanza a participar na vida política do seu municipio mediante a asistencia a estes plenos, que son a máxima expresión da democracia participativa e da representatividade política que os veciños de Carnota decidiron nas pasadas eleccións municipais.

Aproveitamos para criticar desde este espazo a paupérrima redacción e o nefasto galego empregado nos documentos e comunicados emitidos ultimamente polo goberno municipal (p. ex. esta mesma convocatoria de pleno, á que tivemos que dedicar un bo anaco a corrixir), a pesar de que Carnota conta cun servizo de normalización lingüística propio, entre cuxas funcións está a de garantir a calidade do estilo e o correcto uso do idioma en toda comunicación pública do noso concello.
Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 
  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: