AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/05/2008

Pleno extraordinario... por chamarlle algo

Hai poucos días o alcalde tivo a ben convocar un Pleno Extraordinario para onte, 12 de maio, ás dúas menos cuarto da tarde. Unha vez máis, recorre a horarios intempestivos anulando a posibilidade da asistencia veciñal e practicamente tamén a dos membros da oposición. Isto non sería de demasiada importancia, de non ser pola insubstancialidade dun pleno que tan de contado se resolveu como se demostrou que non tiña tanto apuro.

A orde do día compúxose do seguinte xeito:
De todos estes puntos, consideramos que o único que podería xustificar a convocatoria dun verdadeiro Pleno Extraordinario sería a ratificación dos Orzamentos para o ano 2008. Se un día antes de anunciar na prensa a renuncia á súa dedicación exclusiva non considerou importante comunicarllo á oposición no Pleno ordinario que ese día tivo lugar, menos urxente será convocar un pleno extraordinario posterior con esa finalidade. E a moción do PP sobre a Lei do Hábitat poderían presentala en calquera pleno futuro.

Se xa a cousa resultaba dubidosa de partida, aínda tornaría ridícula cando o alcalde retirou o punto da ratificación dos Orzamentos, argumentando que era para incluír unhas «medidas adicionais» que se lle ocurriran.

O segundo punto zanxouno de inmediato sen permitir -para variar- as intervencións da oposición, representada no pleno de onte polos tres concelleiros do BNG, dada a ausencia dos do PSOE.

No terceiro punto, tocante á nova Lei do Hábitat, si permitiu un pequeno debate, e logo de manifestar o desacordo do goberno municipal coas normas do hábitat promovidas pola Consellería de Vivenda e aprobadas recentemente polo goberno galego, o BNG instouno a darlle para adiante ao Plano Urbanístico e deixarse de parafernalias que non levan a ningures.

A única sensación que podemos levarnos deste Pleno Extraordinario, logo de que o alcalde retirara inexplicablemente o único punto que o xustificaba dalgún modo, é a de que o concello gastou cartos para que o alcalde, os concelleiros do goberno e os da oposición perderan o tempo.

Esta política de andar adiante e atrás (á que nos ten bastante afeitos) fainos sentir vergonza allea. O Concello de Carnota está sen timonel e o rumbo márcanllo os temporais.
Etiquetas: , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: