AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

25/09/2008

Primeiro cabodano do falecemento da Galescola de Carnota

Comparte e opina:

Onte mesmo a Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar (xestionada polo BNG) publicou un informe da situación dos nenos de 0-3 anos. Ata o 2005, logo de 16 anos de PP na Xunta, só un de cada dez nenos tiñan acceso a unha praza nunha gardería pública. Hoxe, só 3 anos despois, un de cada tres nenos galegos teñen acceso a esa praza. As prazas públicas pasaron de 6.595 a 10.909, nada menos que un 65,4% de incremento. En toda Galiza creáronse, nos mesmos anos, un total de 92 novas escolas infantís públicas, pasando de 118 en 2005 ás 210 existentes hoxe en día. De feito, a Rede Galega de Escolas Infantís deseñada polo BNG xa ten presencia en 35 comarcas, o que supón unha cobertura próxima ao millón de habitantes. Só no noso entorno Zas, Ponteceso e Boiro xa teñen a súa. E a previsión para o ano 2012 fálanos xa de 12.497 prazas.

O PP non podía permitir que unha formación política sen ningunha experiencia de goberno na Xunta deixara en evidencia as súas miserias de 16 longos anos. Por iso non é de estranar que exista no entorno do PP unha estratexia de acoso e derribo ao programa de servizos sociais desenvolvido polo BNG, recoñecida mesmo por varios dos seus alcaldes.

Por algún motivo, hai un ano o PP decidiu que, mentres eles ocuparan o goberno, as nais e os pais de Carnota non poderían inscribir os seus fillos nun novo centro infantil público e de calidade, a carón das súas casas, para asi poderen ir traballar deixando os seus pequenos nas mellores mans. Atoparon unha Galescola xestionada e contratada ao acceder ao goberno, e só pendente de dar o pistoletazo de saída ás obras, algo que nunca chegou a producirse perdendo ademais os 550.000€ de investimento que supoñía para Carnota.

En definitiva a Galescola de Carnota deixou de ser unha realidade hai xa arredor dun ano. E co seu asasinato descubrimos, por primeira vez, cal sería a verdadeira política do PP no goberno de Carnota: Acabar con todos os proxectos que o BNG deixara xestionados, aillarse das restantes administracións, pagar uns poucos favores electorais e logo pregoar a súa ruína polas esquinas mentras seguen dilapidando a capacidade de endebedamento do concello que lle custou ao BNG suor e bágoas recuperar despois dos desastres que o PP e o Prestige supuxeron para Carnota. Por desgraza non nos equivocábamos.

Como ben reza a atinada esquela que encabeza este artigo, só nos queda pedir aos veciños un voto de confianza; Carnota merece un futuro mellor que o que nos ofrece o PP coa súa desidia.


Etiquetas: , , , , , , , , ,

Hai 5 opinións.

  1. Meu Deus!!
    que ocurrentes están no Benegá de Carnota. Como se notan as ausencias, jeje.

    ResponderExcluir
  2. Que? Ausencias? Oreiro?

    ResponderExcluir
  3. Xa se ve aquí o que lle importan a algúns as desfeitas que está a ocasionar o PP, aquí o problema son AS AUSENCIAS (eu tampouco sei de que fala). Falará da ausencia do alcalde? Da ausencia de Galescola e do polígono industrial? Da ausencia de cartos no concello? (bueno, tecnicamente eso non se pode chamar ausencia, porque todos sabemos onde están)

    ResponderExcluir
  4. Para min que o BNG tampouco necesita ser demasiado ocurrente, o PP xa fai oposición dabonda contra si mesmo en canto ten a oportunidade. Se tiveran algo de vergonza despois de todo o que levan desfeito dimitirían todos en pleno e convocarían eleccións anticipadas. Por desgracia vergonza véselle pouca e avaricia abonda.

    ResponderExcluir
  5. Esto si que é o mellor "recordatorio":
    http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2007/10/20/0003_6243417.htm

    Daquela o BNG avisaba, e o PP calaba ou decía que "estaba buscando outras alternativas".
    A fin de contas xa vimos cal era a alternativa que tiñan: Condenar a os nenos de Carnota ca escola privada dos d o PP, pagando unha pasta considerable e atendidos en muitos casos polas limpadoras. Non sei como un sitio tan lamentable pode siquera seguir aberto.

    Felicidades pola esquela, escuitei risas, muitos aplausos e o mellor de todo, muitas críticas dos do PP pero SIN UN SO ARGUMENTO que quite a razón a o que di na esquela. Ben feito, cando se pican allos comen.

    Eu xa fixen fotocopias, co voso permiso.

    Adiante BNG!

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: