AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

18/12/2009

O BNG únese ás voces que claman xustiza na selección de persoal do Obradoiro de Emprego

Denuncia que “non se respectou a igualdade de oportunidades e meten a traballar a familiares e amigos do alcalde e concelleiros do PP”

O BNG denunciou hoxe a selección de persoal e traballadores-alumnos do Obradoiro de Emprego de Carnota por “non respectar a igualdade de oportunidades nin a transparencia no proceso de selección. Tanto é que, familiares e amigos do alcalde e concelleiros do PP, son os beneficiarios desta contratación que chegan até veciños de Louro e pasan por San Mamede, onde algunha persoa indicaba a concelleiros do PP para poder entrar no Obradoiro de Emprego”.

Os nacionalistas indican que “o proceso selectivo se revestiu de aparente legalidade para facer o paripé e contratar amigos e familiares do PP, ademais de negarlle ao BNG as bases de selección e os criterios de contratación. En calquera caso, a falta de criterios sociais e económicos, a situación de familias golpeadas pola crise, non se tiveron en conta; chegando a valorar máis unha entrevista persoal que a situación familiar da persoa demandante de emprego, e resultou notoria a falta de publicidade e a falta de explicacións do alcalde en todo o proceso”.

O portavoz nacionalista manifestou que “hai veciños e veciñas indignados polo que consideran un atropelo á dignidade das persoas e á igualdade de oportunidades nos traballos públicos, e por esta razón o BNG vai unirse ás voces que claman xustiza por este abuso de poder e vai demandar a celebración dun Pleno Extraordinario para forzar as explicacións do alcalde e do goberno local do PP e resolver esta inxustiza coa veciñanza de Carnota”.
Etiquetas: , , , , , ,

Hai 2 opinións.

  1. É un puto escándalo. Sei de boa fonte que naljunhas casas de militantes do PP de San Mamede deixaron LISTAS para que foran apuntando os familiares que quixeran traballar no obradoiro, asi hai 20 personas de ali traballando. Estes son os criterios de selección? Esta é a maneira que ten o PP de torear ca crisis?
    NON NOS MERECEMOS ESTA CORRUPCIÓN!!!!!!!!!!!

    ResponderExcluir
  2. O alcalde chamou persoalmente a muita xente d s.mamede para que se foran apuntar ó inem para os obradoiros máis dun mes antes da entrevista, incluso houbo xente q deixou d traballar para entrar no obradoiro.
    despois fíxeron o "paripé" da entrevista para contratar a xente q xa facia tempo q sabían q estaban dentro.
    si xa os teñen escollidos, para qué fan entrevistas?
    polo menos q non fagan perdelo tempo a ninguén...

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: