
A idea xurde dunha colaboración entre o diario dixital Que pasa na Costa e a empresa Galinus; consiste nun intenso estudo durante 2 anos das liñas de autobuses en toda a nosa comarca, e que se ve agora reflectido en carteis ou paneis informativos que os responsábeis da iniciativa xa están a distribuir por Carnota e por toda a comarca, nos cales se representan desde liñas, paradas e tempos de viaxe ata deficiencias e irregularidades detectadas; como anécdota máis que ilustrativa, esa nota ao pe de certos roteiros da compañía Monbús, pois "os autobuses non adoitan saír".

Con esta desidia por parte dos gobernantes, non pode extrañarnos o que aseguran os propios responsábeis do proxecto: cando os veciños os "cachan" instalando os carteles, comentan a súa sorpresa porque "teñades que ser vós os que poñades os horarios".
Nesta enlace está á vosa disposición o cartel (PDF, 4 MB) para que quen o desexe poida imprimilo para usar ou difundir.
A verdá é que é bonito :-)
ResponderExcluir