AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

30/06/2010

O BNG propón que a corporación carnotá se una para pedir a retirada do abusivo «canon da auga»

Comparte e opina:
O BNG vai presentar ao Pleno municipal unha moción contra o «canon da auga» que o goberno de Feijóo pretende impoñer co Proxecto de Lei de Augas de Galiza. Esta norma vai supoñer aínda máis cargas impositivas sobre quen peor o está pasando nestes tempos, as familias e particulares, ao encarecer as taxas e suprimir exencións que xa existían. O claro obxectivo desta medida do PP é duplicar a recadación a conta do consumo de auga das galegas e dos galegos.

Asi, unha persoa que viva soa e que consuma uns 3 m3 de auga ao mes, verá como a carga tributaria do seu recibo da auga se incrementa en máis dun 363%; con ese mesmo consumo unha familia de tres membros soportará un incremento do 171%.

O proxecto tamén suprimirá as exencións tributarias existentes na actualidade para os núcleos de menos de 2.000 habitantes (todos os do noso concello), prexudicando especialmente aos veciños e veciñas do rural, que a partir de agora terán que pagar impostos incluso por usar a auga dos seus propios pozos ou das traídas veciñais, non importanto que teñan ou non acceso a auga ou saneamento públicos.

Esta é unha lei elaborada sen consultar aos concellos galegos, sen discusión previa, obviando a realidade local e a grave situación económica que se sofre no país e nos concellos. E o que é máis grave, non comprende nin unha soa medida que incentive o aforro de auga, máis alá da subida de prezos e da ameaza de fortes sancións económicas a quen, por exemplo, non instale un contador homologado no seu propio depósito de auga.

Por iso o BNG de Carnota propón que a corporación municipal de Carnota esixa a retirada do Proxecto de lei de Augas de Galiza e elaborar un novo proxecto de Lei que si sexa sometido a consulta pública. A continuación, con só pinchar no seguinte documento, poderedes ver o contido íntegro da Moción:

Etiquetas: , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: