![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgSRLQB9vdymFGonA82udt9srqZL5JNqkYaucnnuJW54t43eH1v95n50k7AHQ1GKFv0o-v2uej3oIipIyQ7wAC2PmUGY8B7URLRCA0sif6F34njFNhw1xWcb83OJ9NfqzbrkZVYbA/s400/world-people-thumb112679.jpg)
Só no primeiro semestre deste ano, algo máis de 2.300 persoas accederon a esta páxina. Esa é, probabelmente, unha cifra moi superior a todos os habitantes de Carnota con acceso á "rede de redes". Pero é que ademais, estas visitas prodúcense ao longo e ancho do globo terráqueo. Asi, se ben as visitas proceden amplamente de Carnota e das sete grandes cidades galegas, moitas visitas veñen de lugares tan dispares como España, Catalunya, Euskadi, Canarias, Reino Unido (cunha sorprendente profusión de visitas irlandesas) e outros destinos europeos tradicionais da emigración carnotá: Suiza, Alemaña ou Francia.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgvfIqC6Z_qb0RGbnmO6fphcAVIvlnFkT8ZassrDO8JyCjD1_aD19HHGmFmZTdqg3FVgHsTPP-LMHhbSYt5POqiS0ZVo4fD55uJ-un4B_TYwVmMySQs03k0HUeSOj4yRAzNIz9USw/s400/MapaMundi.png)
A todos eles vai dedicada esta entrada, pois léveos onde os leve a vida, demostran que seguen tendo un sitio no seu corazón para o seu municipio, cuxas fronteiras chegan aló onde un carnotán se viu obrigado a emigrar para buscar o seu futuro.
Coa forza que nos dan os que están aquí e dos que desgrazadamente xa non poden estar, o BNG vai seguir traballando para transformar Carnota nun sitio do que poidan volver a sentirse orgullosos, e tamén, quen sabe, un sitio ao que poder retornar algún día.
Porque vós tamén sodes de aquí, e merecédelo, grazas.
Non me estrana nadiña, a verdade e que oestades currando os catro anos e non un mes antes das Eleccions como fan outros. Saludos e sorte
ResponderExcluirincreible:
ResponderExcluirwww.concellodecarnota.com
6540 results
www.bng-carnota.org
6250 results
por pouco superades a web do concello!
eso é o que se chama traballo ben feito.
onde se pode ver eso?
ResponderExcluireu mireino aqui : http://www.googlefight.com
ResponderExcluir(pos nunha casilla a web do concello e na outra a web do bng e daslle o boton azul)
parece ser que os veciños interesalle bastante mais catro verdades que conta o bng que as visitas o luar e outras titiritadas varias do señor Alcalde!!!
Pois tiñas razón, xuroche que pensei que o inventaras xD é que non é normal!
ResponderExcluirPois ojalá a xente teña en conta quen se preocupa por eles durante 4 anos e non as fábulas do Mariscal Nonarrasca, a marquesa e vaicovento.....