AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

14/09/2010

Galiza Nova organiza unha charla informativa aberta no Pindo sobre a proposta de Parque Natural

Comparte e opina:
Galiza Nova organiza o sábado 18 de setembro, ás 18:00 horas no Colexio Público do Pindo, unha charla informativa aberta co título Monte Pindo, parque natural! á que traerán aos propios artífices da iniciativa para explicar en que consiste, e que a veciñanza poida formularlle as súas dúbidas.

No acto, presentado pola flamante responsábel local de Galiza Nova, Nuria Pampín, intervirán o responsábel comarcal de Galiza Nova da Costa da Morte, Mario Maceiras, o relator da iniciativa pola declaración do Monte Pindo como Parque Natural, Martiño-Fiz López, e o secretario executivo de ADEGA, Fins Eirexas (non se descarta que se sumen á palestra outros expertos).

Convidamos a toda a veciñanza (e tamén asociacións de todo tipo) a asistir, pois este acto servirá de presentación oficial da iniciativa no noso concello, e ademais nunha localización tan apropiada como é esta, aos pes do mesmísimo Monte Pindo.

Esta actividade está encadrada na campaña en apoio da declaración do Monte Pindo como Parque Natural, e que xa repartiu de máis de 200 carteles polo concello (e mesmo fóra del e aos Centros Galegos na emigración). Outras actividades divulgativas e reivindicativas xa están sendo perfiladas, e delas iremos informando.
Etiquetas: , , , , , , , , , ,

Hai unha opinión.

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: