AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

05/10/2010

O PP de Carnota está en contra de que Monte Pindo sexa parque natural; ao PSOE "nin lle vai nin lle vén"

Comparte e opina:


Só o BNG votou no Pleno a favor dunha moción que significaría o apoio expreso do Concello de Carnota á declaración de Parque Natural

A moción, presentada o 10 de setembro pola asociación xuvenil Galiza Nova (que leva semanas desenvolvendo unha intensa campaña de divulgación e apoio), solicitaba tres acordos fundamentais da corporación: manifestar o apoio expreso á iniciativa, pedir que a Xunta reúna o Observatorio Galego da Biodiversidade para tratar esta cuestión, e finalmente declarar o Monte Pindo Espazo Natural de Interese Local, máximo xesto posíbel da administración local e que amosaría o seu compromiso claro coa protección e desenvolvemento do Monte Pindo.

Sorprendentemente, a Orde do día só incorporaba nun principio varias mocións do PP e do PSOE, mentras que outras dúas mocións quedaban no tinteiro (a citada de Galiza Nova e outra do BNG polo novo canon da auga), sumándose a outras 13 (todas do BNG) que o goberno de Carnota ten no caixón desde hai meses. Finalmente, despois da protesta da bancada nacionalista, o alcalde aceptou incorporar a moción relativa ao Monte Pindo, pola vía de urxencia.

Por desgraza este xesto foi de cara a galería. O PP de Carnota, co alcalde José Oreiro ao frente, negouse a apoiar a declaración do parque natural para o Monte Pindo, asegurando que "convertiría a Carnota nunha reserva india". Esta absoluta aberración, que só pode ser froito da ignorancia ou do afán de terxiversar e confundir á veciñanza, dista totalmente da realidade, tal e como se lle replicou desde a oposición con sobrados argumentos. Mais iso non variou un milímetro a posición inicial do PP, que acabou votando en contra da moción, seguida pola abstención do PSOE nunha nova mostra de seguidismo e falta de criterio, pois estes nin sequera demostraron ter argumentos propios; continúan como se o que pasa en Carnota non fora con eles. Ao final só o BNG demostrou estar ao lado da veciñanza e dos axentes sociais votando a favor da moción.

Malia o lamentábel desta decisión do goberno municipal, e o ridículo dos seus "argumentos" en contra, sen pretendelo José Oreiro evidenciou o verdadeiro motivo polo que o PP de Carnota non podía apoiar a proposta, ao insinuar que os autores da proposta "non falaran co concello"... Desde aqui queremos dicilo moi claro: o único motivo que ten o PP de Carnota para negarse a apoiar a declaración de Parque Natural para o Monte Pindo é político: a "idea" non é súa, polo tanto o día que o Monte Pindo sexa declarado parque natural, o alcalde non poderá colgarse a medalla, e punto.

Semellante irresponsabilidade non parece digna dun mandatario que se debe aos intereses do pobo que o elixiu, e que ben ao contrario pretende usar o pobo en favor dos seus propios intereses. Afortunadamente, o visto no Pleno non ten maior transcendencia que a de saber que o PP de Carnota estaría disposto a vetar o que posibelmente sexa o proxecto máis ilusionante da historia de Carnota. Porque con ou sen apoio deste goberno municipal, que cada día sintoniza menos cos intereses veciñais, o amplo número de entidades que xa respaldamos a proposta de ADEGA imos seguir adiante grazas ao apoio entusiasta que nos demostran cada día os veciños, polo ben do aproveitamento sostíbel dos nosos recursos, e porque queremos un futuro digno para os habitantes de Carnota, da Costa da Morte e de Galiza.

Se "O Gherreiro" falara...
Etiquetas: , , , , , , , , , ,

Hai unha opinión.

  1. Estanos ben, votamos o que votamos, pois tomamos polo cu. Nin parque natural nin ostias, OREIROLANDIA e pagando entrada. Temos o que merecemos.

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: