AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

29/11/2010

Moncho Noceda será o candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Comparte e opina:
A militancia do BNG decidiu o pasado sábado que Ramón Noceda Caamaño (Lariño, 1954) sexa o novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota.

A decisión adoptouse durante a última Asemblea Local que rexistrou a participación do 85% da militancia, e que tamén serviu para nomear as persoas que completarán os postos de saída da candidatura nacionalista nas vindeiras Eleccións Municipais, e que estará caracterizada pola profunda renovación, pola importantísima presenza de mulleres e por verse nela representadas todas as parroquias do municipio.

“Traballamos”, adianta Ramón Noceda, “para presentarlle á veciñanza un equipo ilusionante, formado por persoas moi válidas e tamén moi coñecidas e queridas polos seus veciños, que deben ser quen de sacar o concello de Carnota adiante”.

A respecto da actual situación en Carnota, afirma que “A crise fainos dano, pero non máis que a calquera concello da redonda; en cambio nós temos máis débeda, máis emigración e máis destrución de emprego e servizos. Fronte a esta actitude, cremos que o BNG é a única forza con capacidade para reconducir esta situación”.
Etiquetas: , ,

Hai 78 opinións.

  1. 'O que trouxo a droga para Carnota', acabas de coronarte como firme candidato ao campeonato do mundo da demagoxia amigo. Eu penso que é un moi bo candidato, alguén que conseguiu 8 escanos polo BNG nun concello que semella tan de dereitas algo debe de ter, algo debe haber en el que o capacite para volver a ser candidato. Sen dúbida ten o meu voto!

    ResponderExcluir
  2. Resumen do comentario #1: "Botáronme droja no colacao" (léase mentras se revolve un no chan e da pataletas).

    É mui patético atacar a alguén por cousas de hai 25 anos, pero se eso é o único que se pode botarlle en cara creo que xa temos novo alcalde.

    Sorte Moncho, fostes o mellor e podes volver a selo. Contas co meu apoio.

    ResponderExcluir
  3. Teño entendido que nesta páxina se borraban as mensaxes que atentaban contra a vida personal das personas, se se trata de Moncho faise unha excepción?

    ResponderExcluir
  4. Como mola a expresión: "O que trouxo a droga para Carnota", o conto é que se cadra a droga descarbaa a grande escala o que escribe esa frase. Xa que falamos dese tema, falemos: A droga para Carnota, e sobre todo para Lira, sabemos todos quen a trouxo, vós, os "empresarios" de todo tipo que había, e ainda hai no lugar, vós, que sodes de ir a misa, bos pais de familia, que multiplicástedes por varios ceros as vosas contas correntes sin salir a traballar fora. Vós acabástedes ca xuventude dunha xeneración. Pailáns, que deberíades calar a boca sobre este tema, do que sodes máis culpables que ninguén.
    Efectivamente, Moncho Noceda tivo unha segunda lexislatura patética, con tranquiñas e supoño que tamén bastante fariña, e foi expulsado do bloque, e tamén do goberno do concello polo seu partido, que aplica cos propios o mesmo que pide para os alleos, sin contemplación. Pero despois de 23 anos supoño que este home terá acreditada de sobra a valía para volver a ter a confianza dos militantes dese partido, e como a democracia é soberana, volve a ser candidato. E a xente decidirá se o rehabilita para ese posto ou non.
    Por certo, eu, como tantos outros, xa non voto en Carnota, porque o que veu despois de Moncho non foi mellor que el e tivemos que marchar, pero recordo perfectamente que concello colleu, das mans do caramuxeiro, e que concello deixou. Cando chegou Moncho no 83 Carnota era un concello de cañeiras de esterco e mexo correndo polas cunetas, de xente que aparecía morta nun rego porque só había 3 farolas públicas en todo o concello, nin un metro de beirarúas, oscurantismo nas contas (recordemos o triunvirato municipal: Videu, Juan de Sil e Sanchez), eso era Carnota. Nos seis anos que estivo de alcalde viviuse unha revolución económica e sobre todo de servicios publicos que o concello nunca tivera, ou non vos acordades cando non había centros de saúde e ibamos xunta don Jenaro ou xunta o Carrasco? Xa que a algúns lle molestan os intelectuiales e a festa de espiga do leite, falemos deso, tamén trouxo a Carnota cultura, que pouca había, eso incluia poder ver obras de teatro dos grupos máis representativos daquela, poder ver, nesa festa da espiga do leite a Antón Reixa cos Resentidos, poder ter unha semana cultural que non fose a do cura de Carnota traendonos a Alfonso Armada 2 meses antes do intento de golpe de estado.
    Hoxe ninguén pode garantizar que este ou outro sean o mellor para Carnota, pero eu falo de xestión, de goberno, outros falan de cousas persoais.

    ResponderExcluir
  5. Quítome o sombreiro ante o comentario 5, todo fillo de veciño ten as súas luces e sombras, pero 20 anos son máis que suficientes para demostrar que unha persona pode cambiar aquelo no que se equivocou. Creo que quen intente resucitar aqueles fantasmas para dañar a imaxe do novo candidato resucitará tamén o bo recordo polo gran alcalde que fui, sin parangón, que fui capaz de convertir un esterqueiro nun sitio do que sentirse orgullosos.
    Súmome á petición para que neste blog non se permitan ataques personales contra Moncho nin contra Oreiro nin contra Campos nin contra ninguén.
    Saludos e sorte, non olvidedes que o importante é o futuro de Carnota.

    ResponderExcluir
  6. Non dijo que me apasione, pero vai arrasar. non ten rival.

    ResponderExcluir
  7. Difísilmente pode arrasar quen foi expulsado dun partido e entra a "hostias" outra vez. Os vellos non esquececeron e os novos non o coñecen. Polo que vexo tampouco ven precedido por moi boa fama. Os erros páganase nas urnas e o BNG está condenado a ser a 3ª forza do axuntamento de Carnota.

    ResponderExcluir
  8. Non estou dacordo totalmente co comentario #8. Eu tamen penso que non vai a 'arrasar' coma nos seus mellores anos pero teño plena confianza nas súas posibilidades reais de ser alcalde. Os vellos acordanse del, alguns para ben e outros para mal pero polo menos coñézeno non coma os anteriores candidatos do BNG que en zonas coma San Mamede ou o Pindo eran completos descoñecidos entre os pensionistas(non quero dicir con isto que fosen peores candidatos, nin moito menos). Ten máis posibilidades el de sacar votos dos pensionistas de Carnota que calquera novo candidato, e á fin de contas son o conxunto de poboación maioritario no concello. Nese sentido vexo imposible que un PSOE local inoperante leve mais votos que Moncho, aínda que haberá que estar pendente de se Brea presenta ou non candidatura pseudoindependente. O tempo dirá!

    ResponderExcluir
  9. Sendo realistas, eu tampouco creo que Campos sexa rival para Moncho. Pero é que creo que Oreiro tampouco podería facerlle frente no seu mellor momento, nin a nivel de carisma, nin de ideas... moito menos lle pode facer frente estando en horas baixas. Sobre o pasado do candidato, pois é simplemente eso, pasado. E estas eleccións votarase quen goberna Carnota desde o 2011 ata o 2014, e quen queira convertir esto nun referendum sobre o que pasou no ano 83 o único que consigue é porse en evidencia.

    ResponderExcluir
  10. XOSÉ CURRÁS30/11/2010 15:43

    Moncho!!!. Ti tes o meu apoio firme e decidido, despois de anos que editar aquel voceiro "Carnota" de fermosa lembranza, de abrir a Festa do San Martiño de Lariño ao magosto, con castañas levadas dende Lira, de contratar un grupo para levar actuación no Nadal polas parroquias e lugares, de mudar a cara do Concello, de traballar ti e maís eu co carpinteiro a montar un anaco de cenario máis no cine vello de Lira para poder representar "Celtas sen filtro" (Vai ti saber se a Miguel o de García lle entrou aí a afición ao teatro...), dúas sesións co cine vello cheo até arriba con presencia do Méndez Ferrín, hoxe Presidente da R.A.G. A mocedade estaba contigo e moitos maiores tamén, de aí as vitorias eleitorais. Claro que fixeches cousas mal. por suposto, coma min e coma todos. estou certo que, agora, serás o mellor alcalde que poda ter Carnota.
    Ánimo e adiante.
    XOSÉ CURRÁS

    ResponderExcluir
  11. Nº 1, quita o cinto e ponte a defender as esencias patrias destes desordenados, vamos!

    ResponderExcluir
  12. uf uf...eu xa non sei nin o que poñer...

    ResponderExcluir
  13. Estratexia maxistral do BNG. Parabéns, a alcaldía é vosa.

    ResponderExcluir
  14. #5 Dame a min que volvemos ter "Resentidos" en Carnota gracias a Moncho...

    ResponderExcluir
  15. Galiza Nova Costa da Morte01/12/2010 11:54

    Parabéns Moncho!O teu carisma,ademais das túas ghanas de traballar polo nacionalismo e polo concello enteiro serán a base do teu arrase!
    Ghrasias por asistir aos nosos actos,aí é onde se ve quen está comprometido ca mocidade!Mil proxectos queremos levar a cabo contigho en Carnota!
    Forza compañeiro!

    ResponderExcluir
  16. Non hai color. Bueno, si o hai, é o Roxo. Sorte!

    ResponderExcluir
  17. A min non che me gusta nada.Unha cousa e estar a festa e outra organizala, e Moncho a festa unese cando lle comben.Afilianse pra as elecions e si non ganan borranse e punto, non teñen problema ningun.Pero hai que estar as verdes e as maduras.¿Donde estivo estos catro anos?Pra ser bo alcalde antes hai que ser bo compañeiro.Espero que a xente de Carnota teña sentidiño e non che vote

    ResponderExcluir
  18. Veña Tomás, vai parando anda.

    ResponderExcluir
  19. O que pasa en Carnota es grave, tenemos tres representantes para la alcaldia que si uno es malo no te digo los otros.En este caso de Noceda solo voy a decir que segundas partes nunca fueron buenas y que disfrute de la vida y que nos deje disfrutar a nosotros de la nuestra.

    ResponderExcluir
  20. Que rapaziño eres tes que cambiar moito si queres ter algun día amigos de verdad.Non te das conta que estanche a utilizar? E non son Tomás.Tomás non se presta a isto,el dí as cousas a cara.

    ResponderExcluir
  21. nº 19, non estou en nada de acordo. Calquera ten o dereito de presentarse e non por eso "che impide disfrutar da túa vida". Ó contrario, a cousa está MUI FODIDA e ole polo que de un paso adiante para intentar remediar esto. Pero postos na balanza co PP xa vimos o que hai e co PSOE foron de Guatemala a Guatepeor. Creo que moncho ilusiona, e vale metiu a pata, pero eso fui hai muitos anos e non quita que sea o mellor alcalde que tuvo Carnota, so hai que ler alguns comentarios anteriores que contaron o antes e despois de Carnota, escritos por personas que se ve que controlan bastante máis daquela época que min, ainda era demasiado novo para enterarme destas cousas.
    Carnota espera unha campaña copnstructiva, xa estamos fartos de guerras inutiles entre os politicos (de uns e outros, cuidado) mentras Carnota se vai ó carallo sin que ninguen faga nada por remedialo.

    ResponderExcluir
  22. (Para anónimo 19)
    Queres que che digha para que é imprescindible que Moncho sexa a maior forza votada?
    Pois para que en CARNOTA non sighan a pasar cousas tan ghraves como o teu problema de dighlosia/bilinghüismo.Por favor!nunca tal se viu,carnotanas y carnotanes dándole tanto jeito al hablar castejano con el resto de la población.
    As seghundas partes serven para non cometer erros pasados,a experiensia é a nai da siensia e tanto Moncho coma os conselleiros que van na lista,ademais de experiensia teñen boas intensións.

    ResponderExcluir
  23. Tendes razon , todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade na vida, e pra exemplo temos a Don Jose Oreiro, home recto, lejal e incorructible.
    As segundas partes suelen ser para aproveitar a tallada que non se aproveitou da primeira.

    ResponderExcluir
  24. Buenas intenciones,sólo faltaria que no las tuviera.Supongo que esta pagina está hecha para poder dar nuestra opinión aunque sea en castellano, yo no tuve la suerte de nacer en Carnota y llevo poco tiempo aqui y no me parece que por eso sea menos que tú.Con esa actitud de falta de respecto a las personas no se llega a ningun lado.

    ResponderExcluir
  25. Escribín este comentario en acarnotados, pero penso que o seu é deixalo aquí: Copio e Pego.

    Son votante do Bloque de toda a vida, non entendo nin de primarias, secundarias ou tersiarias. Tampouco de militansia, nin de guadiana, nin de UPG, nin do PP.
    O que si que entendo é que Tomás estivo fasendo oposisión 3 anos e pico para que ahora veña outro e se encontre con todo feito, directo para a alcaldía.
    Se os militantes bloqueiros do consello non estaban contentos con Tomás porque non convocaron as primarias antes? é desir...cando se perderon as elesións!
    Dijo esto sabendo que se presenta Ramón Noceda, pero tamén diría o mesmo si saíra elexido outro.

    Espero que teñades un bo projrama electoral e saibades janar o voto dos compañeiros bloqueiros descontentos (que hai muitos).


    Dame muitísima pena que se fixeran así as cousas porque con estas historias estámoslle poñendo en bandexa a victoria a PePe Oreiro.

    PD: Menos radicalismo e máis moderasión.

    ResponderExcluir
  26. Tomás estaria 3 anos e pico por encomenda dos seus compañeiros, e ahora os seus compañeiros encomendáronllo a outro.
    "Tomás estivo fasendo oposisión 3 anos e pico para que ahora veña outro e se encontre con todo feito", dilo como se Tomás fora o unico que estubo, a miña experiencia di xusto o contrario, outros tiñan que facer o traballo del porque nunca estaba en carnota. Corregideme se me equivoco, non estou no BNG e só podo falar do que vexo e hoigo. Saludos a todss

    ResponderExcluir
  27. Non se pode estar máis acertado, 26. Pero bueno, o único problema o ten quen non quer admitir a realidade.
    O que toca agora é traballar e traballar por generar ilusion na xente, transmitir o que se quere facer en Carnota, e poñerse do lado dos veciños. Se conseguimos eso, a alcaldía será nosa, por muito que intenten desprestigiarnos catro matados. Adiante co BNG!!!! Carnota aínda ten esperanza!!!!!

    ResponderExcluir
  28. ¡Adiante Moncho! Estamos contigo

    ResponderExcluir
  29. querido "26" pois ves moi pouco e contanche mentiras a jodelas.
    Tomas os 3 anos e medio que pasou de baixa con 4 operacions o lombo dedicoullas o BNG, digan o que digan os achegados a UPG,mentras o "Roxo" os tiña 20 anos ben cos collóns sentados na sua casa.
    A cada un o seu machiño e se eso non che parece xusto pois apaga e vamonos.

    ResponderExcluir
  30. Que ides facer con esa actitude,catro matados pero tende educación.Tomás estuvo sempre que tiña que estar non coma outros oportunistas que veñen cando hai peixe na lonxa.Carnota non te esperanza mentras haya tanto veleta solto. O Bloque en Carnota acabouse.)))))))))))))))))))))))

    ResponderExcluir
  31. Txxxxxssssssssssss! A UPG non, a UGT.
    A ver si picas...

    ResponderExcluir
  32. 29 chapo¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡se puede decir mais alto pero non maís claro.Van levar un bo pau.Non tendes nada que facer oportunistas.

    ResponderExcluir
  33. Eu non os chamaría oportunistas! Máis ben parece que apostan póla renovación e que non andaban moi a gusto con quen tiñan.
    Eu coñezo a unha concelleira do bng que ainda cun cancro e levando quimioterápia asistía aos plenos e estaba ao pé deo cañón e non anda por aí dando lástima

    ResponderExcluir
  34. Picado si que estas ti.
    Vaite depilar a ver se quedas "roxo" e faslle honra a teu candidato.

    ResponderExcluir
  35. Menuda alegría me levei cando lein que Moncho era o candidato do BNG. As miñas mellores arelas para os catro anos que leve as rendas do Concello (Que gaña seguro. Un saudo

    ResponderExcluir
  36. 33 Falas de merche, si señor, merese un monumento o desta muller que estuvo ás duras e ás maduras, traballadora coma ela soa e non ten tantos fumes. Incluso oín que sonaba para alcaldesa e dixo que ainda non estaba preparada. Ese é o B NG que a xente quere. Xa está ben de rifas personales que non traen nin media solucion ós problemas de carnota.
    por certo, vai seguir non?

    ResponderExcluir
  37. 34, unha boa solución para o teu pode ser volver á escola... Sin palabras.

    ResponderExcluir
  38. Moncho é o mellor candidato. As miñas felisidades.

    ResponderExcluir
  39. Buf, canta letra. A xente abúrrese, non?
    A ver, podería escribir todo un panfleto, pero como teño quedeitarme resumireino nunha línea: o bloque estaba ata hoxe bastante cerca dos 2 concellales que sacou despois de botar ó Roxo, que tiña 8. O meu apoio está claro. Abures!

    ResponderExcluir
  40. 15. Retirateme de diante....que galiza nova nin que hostias...ti que eres deses que lle pajaron as cuotas pa que votaran?

    ResponderExcluir
  41. Non! son o que tentou votar despois de votar onde foi o papa, Ai non! son o que tentou pagar a galiza nova e chejei fora de prazo, Ai non! son o que me quixen facer militante despois de deixar de ser militante e chejei fora de prazo,nooooooooon, Son Pepe da Cacha! Ai non!
    Son de comisiones obreras patrosinador da candidatura que non saiu.

    ResponderExcluir
  42. Esto está moi quente,pero ides a mirar por Carnota o por intereses persoais? Si estades asi agora como estaredes dentro dus meses.Empezastedes moi mal e ides acabar peor.Xa vos falta menos pra sair do Bng outra vez porque non ides ganar.

    ResponderExcluir
  43. Galiza Nova Costa da Morte02/12/2010 12:27

    40.Anônimo on 2/12/10 00:27

    15. Retirateme de diante....que galiza nova nin que hostias...ti que eres deses que lle pajaron as cuotas pa que votaran?
    Galiza nova é a organización xuvenil do BNG,nós tamén pagamos as nosas cotas,por iso temos dereito a voz e voto(non sei se es compañeiro ou non,pero co teu comentario demostas que, ás veces,os de 20 temos máis sentidiño que os de 50 nas asembleas)
    FIRMADO: VICERRESPONSÁBEL COMARCAL DE GALIZA NOVA COSTA DA MORTE(E por certo,teño as cotas domiciliadas)

    ResponderExcluir
  44. Ben falado rapaces.

    ResponderExcluir
  45. 43. Como nos justa presumir de carjiños eh?? terás as cotas domisiliadas non che dijo que non outra cousas é quen chas paja porque se tan metido na política estás e es o nº 2 de Galiza Nova Costa da Morte non creo que che dea tempo a traballar...xa se sabe que eso de berrear nas manifestasións e faser pancartiñas quita tempo para o resto, que pena que nn fajades outra cousa....así vos vai que cada ves menos mosos saben quenes sodes. E claro que tendes dereito a voz e voto pero ti es de Carnota?

    ResponderExcluir
  46. 45 pero ti es do BNG?

    ResponderExcluir
  47. MONCHO NOCEDA O MELLOR ALCALDE DA HISTORIA DE CARNOTA E VAI VOLVER SELO
    ÁNIMO E SORTE CONTADE CONMIJO

    ResponderExcluir
  48. Galiza Nova02/12/2010 15:09

    Non presumo de nada,firmo con ese nome,porque se escribo o meu igual queda sen letras de tanta peste que soltas,amigho!
    E non sei os meus compañeiros,pero as miñas cotas as pago eu cos cartos que gano no verán traballando e as bolsas de estudo que me conceden por sacar bos resultados académicos.Unha cousa non quita a outra,e si, é algo sacrificado,pero se nós non estamos aí ti non vas estar por nós.
    E por último,vexo que polo menos te documentaches nalgho,non son de Carnota,mais creo que poderei felicitar a Moncho,ou quedarei sen seo por faser tal cousa?

    ResponderExcluir
  49. EU NON SEI QUEN SODES, PERO SEI QUE EN CARNOTA PAGARONSE AS CUOTAS A VARIOS PRA PODER VOTAR E A OUTROS NON LLE DEIXARON PAGALAS.ASI CALQUERA SE PON DE PRIMEIRO.NON FOSTEDES LIMPOS.

    ResponderExcluir
  50. Un pouco de pomada, nº 49?

    ResponderExcluir
  51. E moi triste que estes coidando as leiras e cando chega o tempo da colleita chegue o xabali e arrase ca colleita.

    ResponderExcluir
  52. Eston moi ben lubricado.

    ResponderExcluir
  53. Para Galiza Nova:

    O problema é que estás firmando e felisitando en nome de rapases que sejuro que non teñen nin idea de toda esta lea.

    ResponderExcluir
  54. 53 Carallo, nunca tanto se falou de Galiza Nova! Pois alégrome que por fin algúns se enteren de que existe, aínda que para eso fixera falta unha votación. Se cadra se se tiveran preocupado antes non lles darían a espalda... Unha pa saber e outra pa aprender. Sau2!

    ResponderExcluir
  55. 54 a ver se me explicas cal é a función do portavoz municipal na oposición para/con Galiza Nova, e en que vos podía axudar. Ata onde eu chego esta organización (o BNG) ten un/unha responsable local que algo terá que ver ou algo tería que ter feito para evitar esa deriva da que tanto falades, ou toda a culpa dos males é do portavoz do grupo municipal. (ah, esquecíame, o motivo é que a responsable é guai, o portavoz non)

    ResponderExcluir
  56. a miña humilde opinión como votante do psoe que son.
    Se o debate é Moncho sí. Moncho non. Tomás por aquí Tomás por alá...¿quen co## vai faser oposición frente a OREIRO???,
    Estamos nas mismas de sempre, chejan as elesions e bótase a merda do psoe para o bng e viceversa...e ahora mismo hasta os do bloque vola tirades uns por riba de outros...
    XA ESTÁ BEN NON??? Moncho ganou democráticamente. Nunha elección democrática elixiuse a él como representante do partido...PUNTO.
    O único que estamos fasendo é darlle mais apoyos a Oreiro...que xa é o que nos faltaba...
    POR FAVOR...TOMÁS, MONCHO CAMPOS...entre vos non sodes enemigos...os enemigos son os que xa están "jobernando", e se sejides así, imolos ter que aturar outros 4 anos...E DIOS NOS PILLE CONFESADOS!!!
    Demostrade que queredes jobernar por e para o pueblo, e non polos vosos intereses...

    ResponderExcluir
  57. Coñezo ben a Responsable Local do bng, non son Carnotán pero si amante desa terra, e admiro a esa muller teimuda que dí con agarimo que o mellor de Lira son as vistas a Caldebarcos. E sei que antepuxo o ben do seu partido e da terra que representa ós seus intereses persoais e amizades.

    ResponderExcluir
  58. Perdoa que me ria n 57ja.ja.................

    ResponderExcluir
  59. Tono de Albela03/12/2010 12:57

    Ola, son Tono de Albela:
    Queríame manter ó marxe de certos comentarios, non "entrar ó trapo", pero hai certas cousas que me sobrepasan e vou dar a minha opinión tamén.
    Empezo polo comentario de Tomás Freire publicado na páxina:
    http://acarnotados.blogspot.com/2010/12/exclusiva-as-conversas-secretas-entre.html
    "Imos ter PP para anos ... se outros non o remediamos."
    Da túa declaración podemos sacar un par de cousas.
    Primeira: Como o vas remediar ti? Vas tentar anular outra vez unha decisión da asemblea de Carnota? Vas fundar outro partido? Ou é certo como rumorean nesa páxina e como din por ahí que estás intentando ir na lista do Psoe? Se é así estaría ben que o dixeras, porque polo menos teríamos claro que isto, aínda que algúns queiran que pareza, non é unha loita interna do BNG, se non unha loita persoal túa por posicionarte de cara ás eleccións. Estaría ben que o aclarases, estaríamosche moi agradecidos, e estou seguro que algún histórico do BNG que che apoiou (que por certo non foron todos, nin siquera maioría) tamén cho agradecería.
    Segunda: Es ti o salvador da patria? Se non o remedias ti imos ter PP para anos? Perdoa que cho digha pero Moncho foi capaz de ghanar varias eleccións para o BNG en Carnota, ti non. Ti levastes o BNG de Carnota de 5 concellais a 4 (non eras o candidato pero estabas nese proxecto, e se non fora polo Prestige e Nunca Máis xa teríamos perdido a alcaldía daquela) e despois (sendo ti xa candidato, e tendo ó BNG no goberno de Galiza) a 3 concellais e á perda da alcaldía a favor do PP. Quén lle dou neste concello a alcaldía ó PP Tomás? Quén? Cal sería o seguinte resultado para o BNG se foras ti o candidato? A min non me venhas de salvador da patria, para min non o es, e penso que o único candidato que lle pode parar os pes ó PP é Moncho xunto co traballo de todas e todos.
    Continúo no seguinte comentario...
    Tono de Albela

    ResponderExcluir
  60. Tono de Albela03/12/2010 12:58

    (continuación)
    Continúo por outra declaración de Tomás Freire publicada na páxina mencionada antes e tamén sobre algúns comentarios publicados na páxina do BNG de Carnota:
    http://www.bng-carnota.org/2010/11/moncho-noceda-sera-o-candidato-do-bng.html
    “Todos sabemos que unha candidatura amparada nun fraude electoral non vai a ningún lado”
    Isto é unha mentira, es un mentireiro. E máis é unha mentira fodida que pretender desprestixiar, non só ó Roxo, se non a tod@s @s militantes do BNG e ó teu partido (se o segue a ser aínda). Cal é un fraude electoral? É un fraude electoral perder abrumadoramente unhas eleccións? Acusas que se lle pagaron cotas de afiliación á xente de Galiza Nova e que isto é un fraude. Menudo fraude!!! A uns rapaces pagáronlle as cotas!!! Por certo direiche que a un deses rapaces que lle pagastes ti as cotas ó final… votou por Moncho.
    Non Tomás non, fraude é tentar que unha persoa que xa votara noutra comarca votara tamén en Carnota como pretendestes ti. Fraude é tentar que outra persoa que ía na túa candidatura e non era afiliado do BNG participara no proceso como tentastes. Fraude (moral polo menos) e dar de alta 10 afiliados por detrás da asemblea local (e non vou entrar nas súas afiliacións políticas) como fixestes ti. Fraude é insultar e ameazar a companheiras porque non foran contigo, como fixestes ti. Fraude é suplantar a firma doutras persoas. Fraude é…,
    Fraude é o que fixestes ti cando recuperamos a alcaldía de Carnota fai tres lexislaturas: había unha decisión tomada en asemblea que rachastes (lémbraste?), había outra asemblea convocada que reventástedes (lémbraste tamén?), tentastes agredir e desprestixiar a un compañeiro da asemblea que non estaba de acordo contigo (acórdaste Tomás?). Ó final saístes ca túa: rompestes o traballo do BNG en Carnota (moitos démonos de baixa, eu entre eles, e perdeuse o traballo de base e vecinhal), déstelle un fraude imperdoable @s vicinh@s de Carnota: a alcaldía de facto ó Psoe (con 5 concellais o BNG e 2 o Psoe) durante 2 anos e medio. Acórdaste Tomás? Dende esa estamos nesta conta atrás: 5, 4, 3, …, que agardo que podamos rachar agora. Dende esa tamén é que chegastes a candidato como chegastes (agradecéroncho) cando non eras ti quen tinha que ser, e ó mellor agora tamén che agradecen os do Psoe o daquela alcaldía.
    Non Tomás non, non foi un fraude, o Roxo ganou as eleccións en asemblea. Claramente ademais. E non tivo que comprar ningún voto. E tamén é mentira que non vaia a ningún lado: a xente acórdase tamén que cando estivo de alcalde non os defraudou. No persoal, como xa che dixen, eu non entro nin deixo que ninguén entre tampouco.
    Así que un saúdo para tod@s @s que estades en fronte cara as eleccións municipais: verémonos nelas.
    Tono de Albela

    ResponderExcluir
  61. Que triste descubrir que hai na organización quen antepoñen a súa ambición personal ó grupo e ó proxecto. Creo que Tomás está actuando mui mal, que pena que acabe dunha forma tan patética con todo o que fixo por esta casa -e o que esta casa fixo por el mentras fui candidato e portavoz-. Pero como di o refrán "A rey muerto rey puesto", todos somos necesarios pero ninguen é imprescindible e muito menos quen prefire perjudicar o BNG que aceptar a vontade da militancia.
    Ánimo moncho, temos un duro reto por diante pero co esforzo de muitísima xente que está máis que farta do desgoberno de Carnota imos ser quen de facer as cousas mellor e volver a pòr ó servicio dos veciños unha alcaldía que nunca se debiu perder.
    Adiante co BNG! Adiante con Carnota!

    ResponderExcluir
  62. Unha cousiña! Eu pajeille as cuotas a un colega militante de galiza nova cando o iñan dar de baixa por impago, pero eu non lle dixen o que tiña que facer, e ainda que así o fixera, cal é a ilegalidade? Supoño que todos recibirían a mesma carta de que si non pagaban os daban de baixa! Enton que era preferible....perder militancia? Pero bueno, CAL É O FRAUDE?

    ResponderExcluir
  63. Fala a responsable local do BNG de Carnota:
    Si alguén me demostra,que no proceso de elección de candidatura houbo algunha irregularidade ou falla de transparenza eu dimito e retírome do panorama. Seguiuse un regulamento e uns prazos.
    Pero bueno, si alguén desconfía, que sexa valente, denuncie o caso, e despois falamos.
    Por certo: Non me dedes tanta caña en acarnotados, que eu dende ben nova sempre tuven conviccións políticas e sempre votei ao bng. Ou teño que cambear de parecer agora porque de repente lle de a un ou a outro da miña familia por presentarse pólo pp ou pólo psoe? Que lles vaia moi ben! Pero mellor a nós!

    ResponderExcluir
  64. Pajástes por el 90 euros? ESO É UN COLEGA¡¡¡¡¡

    ResponderExcluir
  65. Á tropa que se dedica a intoxicar e sementar sospeitas sobre o proceso interno do BNG, recordarlles que ten máis valor un voto en urna que dez mil comentarios anónimos en calquera blog, que igual se lles olvidou. E as urnas falaron ben claro, non hai máis.
    Ese sempre fui o problema de Tomás, que pensaba que basta con colgar noticias en internet (que nin sequera o facía el, xa o sei) para facer oposición. Pero para collelo rodaballo hai que mollalo...

    ResponderExcluir
  66. Eu estou con belén! Temos que poñer todos un pouco da nosa parte, esquecerse do que nos separa, que é menos do que nos une e comezar XA a loitar para que ese gran cacique deixe de engordar a costa da nosa terra.

    ResponderExcluir
  67. O problema é que nada nos separa. A única discrepancia é a ambición dun militante.

    ResponderExcluir
  68. 67 pódese mais alto pero non mais claro. estoume fartando de ver como intenta transmitir unha imaxe conflictiva quen tras a asamblea nin abriu a boca.

    ResponderExcluir
  69. 68 estaste fartando? E lo cando te fartes de todo que vai pasar? Que vas facer? Moito fastidian as discrepancias non si? Entendo que pretendas transmitir sensación de unidade, pero supoño que saberás que o conflicto existe, existiu e non sabemos se existirá? Se non existira ese conflicto un grupo de agora de novo militantes, non andaría vou e veño, e non terían promovido moitos dos 47 votos en branco dos anteriores comicios locais. Por outro lado ídevos dando conta que neste foro, non so escribe unha persoa crítica coa postura gañadora(constame que Tomás non participa deste "debate".), nin todos son militantes, son votantes do BNG, aos cales tendes que convencer para que vos voten, pero aos cales non tedes dereito a mentirlles, nin a pintarllo todo coma unha pataleta dun so militante. Servidor non vos molestará máis no voso camiño e aproveitará os proximos días libres para darse de baixa do BNG, coa intención real de non voltar dentro de catro anos. Sorte a todos e que cada pau aguante a súa vela.

    ResponderExcluir
  70. Cajonomundo! non participa destes debates....Deixao xá Tomás! Apoiánoche tres históricos de Carnota town, nin siquera de Lira town, e o resto dos históricos? A quen apoiaron?.Manolo de Clarisa, a quen apoiou? Si o tuveran tan claro non che darían de lado como che deron e aparecerían para votarche, o que pasa é "que no te veian"

    ResponderExcluir
  71. Son votante do Bng e sabedes que? Dame moito asco leer todo isto.Dios nos libre¡Parece que ides tod@s a sacarlle o sueldo a Oreiro pra quedar vos con el.Traballade por o pobo e deisaros de ostias.

    ResponderExcluir
  72. non sei porqué tanta disputa, o bng sempre fui un partido exemplar,con uns candidatos modelicos e con xente muy preparada.

    ResponderExcluir
  73. O Roxo foi un alcalde, que muitos quixeran estar a sua altura,era un home do pobo para o pobo,a veses chejaba descalso o concello porque os seus posibles non lle daban para mais, o unico fallo que tubo para o meu entender foi cando quixo nomear o seu can secretario, poro demais merese un 10

    ResponderExcluir
  74. xa cansachedes de comentar? Iso cansa moito despois de unha ponte tan longa.............O luns chega pronto e vaise ver o que facedes e como chegaredes a o concello.Disfrutade mentras podedes.O meu voto non e pra vos.

    ResponderExcluir
  75. Anonimo73 non teria posibles para sapatos porque os cartos os jastaba en outras cousas menos UTILES... por eso acabou indo o MAR ainda que o ser tan esclavo duroulle pouco.

    ResponderExcluir
  76. O que a de ter a fodelo para sapatos a de ser Oreiro. E non han de ser do sapataso. Disque hechos a mano con nemáticos Daniel. Manda chover na havana!

    ResponderExcluir
  77. Por que non falades do bo que fixo o BNG nos distintos gobernos evos deixades decomportar coma
    aliados e tontos utiles do pp?

    ResponderExcluir
  78. Supóñome eu que este agora madurado cabaleiro, afecionado a pesca daríase conta de como está o noso litoral, de como están as nosas rúas, de como están as contas do concello... Imaxínome que diría para si mesmo: " voltamos trinta anos cara atrás".Establecendo unha metáfora: É hora de coller a espada, montar no cabalo e como os antergos loitaron, loitar agora nesta cruzada contra os de sempre, aqueles que dan a espalda a realidade do pobo. Temos esperanza en que loites con valentía, con ímpetu sempre disposto a lembrarnos o que fuches, o que consigueches nos teus primeiros anos por Carnota e tentalo agora de novo, se antes trouxeches o alumbrado público trae agora a conciencia cívica;a acción colectiva como forma de mellora da realidade na que vivimos: as estradas desfeitas, o lixo nas nosas costas ( nalgunha praia aínda ai restos do prestige, capachos, monos), o mal saneamento dos pobos ( no verán a herba cheganos ata o lombo), os nosos " monumentos " en ruinas ( véxase o faro de lariño e o seu entorno..), o alumbrado público en ruinas ( cando funciona moitas veces ata nin tan sequera iso), os ríos sen limpar... estes son poucos dos moitos exemplos que cabe citar e sobre os que debemos de protestar e movernos e non agardar pasivamente a que se solucionen, son bens públicos que nos reportan algo bo para todos, para a colectividade. Eu o que che pido dende aquí e que nos guíes cara o coñecemento da realidade do concello e que tentes concienciar a xente dos beneficios de participar asociativamente, independente do color, dos gustos... o importante e que os veciños estén xuntos e queiran o ben para Carnota ( cada un dende a súa parroquia). Eu persoalmento pretendo que ti nos guíes, que coa " espada" xusticieira de cabaleiro nós movas cara unha Carnota mellor máis ecolóxica e limapa, máis apetecible para a vida . O resto virá despois, por si mesmo. Este primeiro punto é o máis difícil de lograr, o motor do cambio ( como antes fixeches co colexio infantin en Lariño) Pedra a pedra, bloque a bloque; conciencia por conciencia.Ánimo e sorte.Estarei a expectativa e vixiante.

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: