Logo do éxito das celebradas en San Mamede e Caldebarcos, o BNG de Carnota continúa agora en Mallou a súa campaña informativa porta a porta sobre a Lei de Augas pola cal a Xunta pretende estabelecer gravames por toda utilización da auga por parte dos veciños, incluso os pozos particulares e as traídas veciñais.
A charla informativa terá lugar no local veciñal de Mallou o xoves 23 de decembro, ás 8 da tarde.
Convidamos a toda a veciñanza a asistir para conseguir que estas charlas sigan sendo tan participativas e resolutivas como o foron ata agora, e que a ninguén lle queden dúbidas sobre o alcance real desta Lei, que o Partido Popular na Xunta de Galicia pretende aplicar estratéxicamente só unha vez pasadas as eleccións municipais.
Mallou acollerá a vindeira charla explicativa sobre a Lei de Augas
Publicado ás 14:15h, en .mallou, actualidade municipal, asuntos sociais, calamidade, proxectos, servizos públicos, xunta | Ver comentarios (0)
O BNG explicaralle este domingo a Lei de Augas aos veciños de Caldebarcos
Publicado ás 16:51h, en .caldebarcos, actualidade municipal, asuntos sociais, calamidade, proxectos, servizos públicos, xunta | Ver comentarios (7)
![]() |
| Ducias de veciños achegáronse o pasado domingo ao Viso |

![]() |
| Ramón Noceda e Antón Beiro |
Tamén podedes consultar os contidos da Lei de Augas na seguinte ligazón.
O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso
Publicado ás 19:06h, en .san mamede, actualidade municipal, asuntos sociais, calamidade, proxectos, servizos públicos, xunta | Ver comentarios (4)
O BNG de Carnota vai comezar desde este mesmo domingo 12 de decembro, ás 17:00 horas no Campo do Viso (San Mamede), a explicar por todas as parroquias do municipio as consecuencias da Lei de Augas impulsada polo Partido Popular na Xunta de Galicia, que suporá cambios como que se pasarán a tarificar a auga de traídas e pozos particulares ao mesmo custo que o do servizo municipal.
O BNG denuncia que esta medida ten unha clara motivación recadatoria e vai ser enormemente regresiva para as economías familiares, pois ademais de cobrarlles o seu propio abastecemento de auga obrigará a que a veciñanza asuma os custos dun contador homologado, baixo ameaza de multas de ata 30.000 euros de non facelo. Asi mesmo desaparecen as exencións existentes para os núcleos por debaixo de 2.000 habitantes, que son sen ir máis lonxe todos os de Carnota. Ademais entende o BNG que desde as institucións, especialmente naquelas gobernadas polo PP, estase a ocultar a verdadeira dimensión desta medida.
A esta acción social e informativa do BNG unirase a acción institucional, mediante unha Moción presentada no Concello de Carnota no sentido de que a Corporación inste á Xunta a retirar un cánon que vai supoñer, unha vez máis, un duro golpe ao noso territorio, e dentro del, aos colectivos máis desfavorecidos.

Assinar:
Postagens (Atom)