Cartel do BNG en defensa da Reserva |
Segundo se explica nos medios de comunicación, diversos portavoces populares entrevistáronse recentemente coa actual conselleira do Mar, Rosa Quintana, para trasladarlle a súa preocupación polas posíbeis consecuencias nocivas deste tipo de instalacións nos seus concellos e sobre todo o sentir absolutamente contrario entre as veciñanzas e confrarías.
Foi durante esta xuntanza cando, nunha aparente arroutada mediática, o alcalde de Carnota José Oreiro levantou a voz para facer xusto o contrario aos seus homónimos, postulando Carnota para acoller nas súas augas estas instalacións que non quere máis ninguén
Trátese dunha intención real ou un simple afán de notoriedade mediática do alcalde, o BNG adianta a súa oposición frontal a este tipo de instalacións, completamente incompatíbeis e contrarias co espírito das reservas mariñas que, ademais, están xa en perigo pola propia desidia da Xunta.
Ademais o BNG de Carnota anuncia que vai esixir por escrito a convocatoria urxente dun Pleno da corporación municipal, para que o alcalde explique estas desafortunadas declaracións, pois no caso de pretender sementar as nosas costas destas instalacións consideradas altamente contaminantes, pode irse preparando para recibir unha forte e multitudinaria resposta da veciñanza e de todos os sectores implicados.
O PP négase a apoiar o Parque Natural, e ás poucas semanas da luz verde a tres parques eólicos na zona; o PP deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, e aos poucos días ofrece as augas de Carnota para a piscicultura altamente contaminante. Casualidade?
Ata aqui chegamos! Non teñen nin vergonza estes traidores!
ResponderExcluirPP fóra do concello! Non sodes dignos de gobernar este pobo!