Ven á presentación da nosa candidatura!

Publicado ás 09:52h, en , , , , | Ver


O BNG de Carnota convídate a participar na Cea-presentación da nosa candidatura, que terá lugar o sábado 19 de marzo en Caldebarcos.

Lobeira é deputado desde 1995
No acto, onde nos acompañará o deputado Bieito Lobeira, presentaremos as mulleres e homes que van formar parte da lista do BNG nas vindeiras eleccións municipais de Carnota, asi como das liñas xerais do noso programa, para o que contamos cunha importantísima participación veciñal, o que nos da plena confianza en que as nosas ideas van respostar ás necesidades reais de cada lugar e parroquia.

Con este acto tamén queremos agradecer a enorme colaboración e entusiasmo amosado polos veciños e as veciñas do noso concello con este proxecto para que o 22 de maio poidamos, despois de catro anos, devolver a ilusión e a esperanza a toda a cidadanía.

Vinde e participade con nós!

0 comentarios:

    Ler máis...

    Arquivo

    Categorías