AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

08/06/2011

O alcalde de Carnota en funcións exprime ata o último minuto a maioría absoluta dilapidando recursos públicos

Oreiro revela o concepto de austeridade do PP
O aínda alcalde de Carnota, José Oreiro, non parece disposto a abandonar a utilización partidista do erario público incluso despois de perder a maioría absoluta, tras sufrir o pasado día 22 unha severa perda de máis de 200 votos e dous concelleiros. Nin sequera o feito de non alcanzarse aínda un acordo entre o BNG e o PSOE para conformar un cambio de goberno serve de excusa ao señor José Oreiro para demostrar un atisbo de prudencia á hora de contratar obras, cancelar servizos e incluso emprender contratacións masivas de personal que vai ter que asumir o novo goberno que saia da sesión de investidura deste mesmo sábado.

A Escola de Música deixa de sonar anticipadamente «como castigo electoral»
A primeira cuestión que subscitou numerosas queixas dos usuarios foi o remate anticipado da Escola Municipal de Música, que os pais e nais dos alumnos interpretan como un castigo polos malos resultados obtidos polo Partido Popular nas urnas o pasado 22 de maio. Pero o máis grave non é a perda deste servizo antes de rematar o prazo que os veciños xa tiñan abonado para a formación musical dos seus cativos, senón as circunstancias deste feito. A Escola Municipal de Música viña utilizando un local privado que cedera un particular a cambio do seu arranxo a costa dos fondos públicos do Obradoiro de Emprego. Despois do 22 de maio, esa persoa impediu que se seguira desenvolvendo alí a normal actividade da escola, alegando que se Oreiro non era o alcalde xa non o deixaba usar. Descoñecemos se unha orde directa do alcalde en funcións pode estar detrás desta actitude, mais o que temos claro é que nada fixo por que a Escola de Música rematara con normalidade o curso, deixando aos veciños sen un servizo, lembramos, que xa pagaron.

A construtora «favorita» do goberno de Carnota recibe dous novos contratos por 200 mil euros
O pasado 1 de xuño o alcalde en funcións resolveu adxudicar contratos por dúas obras (1 e 2) que suman un total de 200.000 euros (32 millóns das antigas pesetas) a cargo do POL. Como non podía ser doutro xeito, a beneficiada por estes contratos foi a mesma empresa que leva recibindo durante 4 anos a inmensa maioría dos contratos de obras do goberno municipal do PP, e que ademais non é do noso concello. O BNG de Carnota non entra a valorar a legalidade ou a necesidade destas obras, que ninguén discute, máis si queremos denunciar publicamente a inmoralidade de adxudicar en funcións e de xeito directo obras millonarias por duración de 4 meses e discriminando novamente ás empresas do noso municipio.

Oreiro reparte masivamente contratos laborais dous días antes de deixar a alcaldía
Hoxe mesmo tivemos coñecemento por varios afectados dunha contratación masiva de personal por parte do goberno de Carnota en funcións. Trátase dun número elevado de novos contratos cunha duración de seis meses e un custo indeterminado que terá que asumir o novo goberno municipal. Esta contratación, descrita como "masiva" por algúns afectados, e da que faltan por coñecerse máis detalles, produciuse por medio de chamadas telefónicas ás persoas escollidas, que se especula que son moi próximas ao PP de Carnota.

O BNG recórdalle ao alcalde de Carnota que o erario público é de todos e non do PP
O Bloque Nacionalista Galego quere manifestar a súa seria preocupación por estes feitos, que foron notábeis pero que dubidamos que fosen os únicos. O alcalde de Carnota actúa como se acabara de revalidar a maioría absoluta despois de perdela dun xeito contundente.

Esta é a austeridade do PP? Queira ou non entender a mensaxe democrática que lle trasladou o pobo de Carnota nas urnas o pasado 22 de maio, o BNG esíxelle prudencia e responsabilidade á hora de manexar cartos que son de todos. E máis coñecendo a precaria situación económica que atravesa o noso concello, que esperamos poder coñecer con detalle a partir do sábado, cando esperamos que se consume por fin o cambio de goberno que a veciñanza de Carnota pediu maioritariamente nas urnas.
Etiquetas: , , ,

Hai 51 opinións.

  1. E certo que estan contratando muita xente e que muitos foron na lista do Pp ou ben son familiares de personas que foron na lista,eu pasei onte polo Concello e vin a uns cuantos/as.Poderia dar alguns nombres pero non me parece correcto.Xa se veran,porque teñen que traballar polos lugares e toda a xente os/as conoce.

    ResponderExcluir
  2. Igual alguns se olvidaban de quen é Don José Domingo Cipriano Oreiro Rodríguez. Aí o tedes, en todo o seu esplendor.

    ResponderExcluir
  3. Mimadriña Moncho...que te vas atopar no Concello homiño? Pena me das eh, tanta merda xunta igual na vistes na tua vida. BNG E PSOE, NON VOS QUEDA NADA QUE LEVANTAR EH...muitisisisisimo animo o novo goberno de Carnota, forza e adiante...!

    ResponderExcluir
  4. ¿Pero todos eses contratos,adxudicacions etc.estaran celebrados fraudulentamente(en funcions)e poderanse revocar ou anular ou como se chame non?.Porque si non e asi menuda papeleta lle queda o novo goberno que se forme dispois do proximo sabado.Bueno todo se sabera...

    ResponderExcluir
  5. Si aínda non quedaba claro quen era o Sr. Oreiro, ou marqués de Capelán, velahí as suas formas de proceder. Xenio e figura ata sepultura.

    ResponderExcluir
  6. un que alucina08/06/2011, 19:09

    non creo que se poidan anular xa que son contratos temporais de menos de 6 meses,
    Con isto o Sr. Oreiro estará a pagar os favores eleitorais por se se lle torcen as cousas de eiquí ao sábado

    ResponderExcluir
  7. Esto é o que ten que facer o bng, en vez de liarse na axenda politica do psoe e as suas contradiccions. Esto é traballar por Carnota e as suas xentes o demais politica de "personajillos". Animo as xentes do bng e pasade paxina, si outros lle queren dar a alcaldia a este suxeito que lla den. Parabens por denunciar estes feitos, e pola vosa traxectoria ultimamente.

    ResponderExcluir
  8. Si aínda así queren seguir "reunindose" e tratando de chegar a pactos con este "pájaro" alá cadaquen, o BNG con seriedade e traballo informando e denunciando as súas falcatruadas, e coidado cós que se atrevan a gobernar con este señor que a merda pode salpicarlles. Aviso a navegantes.

    ResponderExcluir
  9. Oreiro corónase como peor alcalde da historia de Carnota.
    Un alcalde que gobernou para os seus única e exclusivamente. Os sucesores do PP carnotán vese que son igualiños que o Cipriano.

    Esperemos que o ben facer do Bng nestes últimos anos se demostre sabendo negociar co Psoe para chegar a alcaldía. Confío en Moncho Noceda.

    Adiante BNG.

    ResponderExcluir
  10. Eu en Moncho Noceda tamén, ata o de agora non engañou a ninjén.

    ResponderExcluir
  11. É unha vergonza.
    O da Escola de Música, castigando a uns pais sacrificados "por non lle votar", como se Oreiro fose un Dios Todopoderoso, ou mellor dito xuiz e verdugo. E eso despois de arreglarlle gratis unha propiedade privada!
    O das Obras, que non colle por sorpresa a ninguen porque é o mesmo que leva facendo 4 anos, os de aqui a facer as maletas e os de Camariñas a vivir de Carnota.
    O dos contratos, idem de lienzo.
    Oreiro está borracho de poder, xa vai sendo horiña que lle indiquen por onde se vai para casa.

    ResponderExcluir
  12. Corna Becerra08/06/2011, 21:44

    Ojito co tema da escola de música, que pode traerlle unha cola xudicial a Oreiro:
    Contrato verbal (incumplindo a ley 30/2007 de contratos do sector público).
    Segundo teñen manifestado as partes, o contrato estaría vixente durante o tempo que PP Oreiro fose alcalde (prevaricación).
    Agora o concello manifesta que o propietario os botou, (que eu saiba, se non hai contrato por escrito que diga o contrario, e dado que a clausula de vinculalo á presencia no poder de Oreiro é nula) a lei de arrendamentos urbanos permitelle ao inquilino permanecer ate 5 anos mentres cumpla coa súa parte do contrato (o arranxo fíxose).

    ResponderExcluir
  13. para lo que me queda en el convento: me cago dentro!

    ResponderExcluir
  14. ¡Que asco da!Ojala a xusticia o poña algun dia(por enesima vez)no seu sitio.Solamente a sua imagen nesa foto produce arcadas a xente de ben,a xente honrada e digna.

    ResponderExcluir
  15. Asquito me da.09/06/2011, 10:24

    Totalmente de acordo,administradores do bng sacade a foto do oso pardo iberico en peligro de "extincion",que ides perder credibilidade,mandadelle a foto a grenpeace e que apoñan na sua revista.

    ResponderExcluir
  16. eu votei ao pp, e agora estou triste porque non acadou a maioría. pero estou tranquilo, porque sei que chega o bng, que vai a contratar democráticamente, porque son xente honrada e digna. así que estou seguro de que vou ter as mesmas oportunidades dun traballo que un do bloque... DEMAGOXIA, DEMAGOXIA E MÁIS DEMAGOXIA!!!!!

    ResponderExcluir
  17. Ao anónimo 16: dentro de 4 anos falamos, de momento con quen non houbo igualdade de oportunidades (escandalósamente ademáis, de xulgado de garda diría eu)foi co PP, ao que ti xustificas (co teu voto,) co que non deixas de ser mellor que os que o fan. Un saúdo (non demagóxico)

    ResponderExcluir
  18. QUEREMOS ACORDO BNG-PSOE XA!

    ResponderExcluir
  19. carallo que bo negosio fixo o meu vesiño.... estuveron meses as enchufadas da escuela-taller arreglándolle a casa, que estaba en ruinas, e agora que a ten arregladiña de arriba a abaixo di que tiña un contrato verbal co individuo éste.... pois se tiña un contrato verbal que lle arreglara a casa el e que non roubara cartos do fondo social europeo para arreglar unha propiedad privada. cousas coma éstas solo pasan en carnota....

    ResponderExcluir
  20. Comentario 16,eu estou contenta por ti,porque o dia 22 exercestes democraticamente o teu dereito a voto,e tamen estou contenta por ti xa que si Moncho e o proximo alcalde como minimo vas a ter dereito a ir falar con el e pedirlle traballo e explicarlle personalmente os teus problemas(da indole que sexan)e que che vai a atender e falar contigo como un residente mais do Concello de Carnota,partindo sempre da base de que che vai tratar ca honestidad,dignidad,honradez e educacion que o precede e que demostrou sempre o longo da sua vida.Non podo estar tan contenta por as situacions que temos vivido o longo destes ultimos catro anos personas que coma ti pedimos traballo no Concello,e mismo personas que xa traballabamos no Concello e por gobernar o señor Oreiro casi salimos a patadas e tampouco estou contenta polas personas que tubemos que defender os nosos dereitos laborales nos tribunales de xusticia,que ainda que perdiu a malloria dos xuicios vimonos obligados/as a entrar por primeira vez en unha sala dun tribunal con todo o que eso conleva.Co tempo xa veras que ti non te vas a ver con Moncho nun tribunal de xusticia para defender os teus problemas laborales porque eso non e o seu.A min con eso e con pensar que si goberna nos vai tratar a todos por igual xa me chega para sentirme contenta.

    ResponderExcluir
  21. Relaxadevos un pouco, que quí non ides a solucionar nada.

    ResponderExcluir
  22. De lussssssssssssssssssssssssssssss y de colooooooooooooooooooooooooooooooor de lussssssss y de coloooooooooooooor

    ResponderExcluir
  23. - Ladran, querido Sancho?
    - Luego cabalgamos...

    Calma, que non cunda o pánico, senón zozobra o barco. Todo o mundo sabe o que pasa, todo o mundo coñece a todo o mundo (vantaxes de ser unha vila pequena). Oreriro é todo un personaxe, certo. Mais, BNG-PSdG teñen que gobernar con bo rumbo, en augas menos turbulentas, a vindeira embarcación do Consistorio. Díxeno onte: hai que gobernar de xeito diferente, democraticamente, para as maiorías, é doado, e quen queira ver que vexa...quen non, que siga na caverna platónica, é a súa elección."Adiante goberno de progreso".

    ResponderExcluir
  24. Miña nai querida! Canto insulto...Marisol é esto, Brea é esto, Campitos é esto...canto xuiz baixo anónimo, canto COBARDE insultando á xente que pensa diferente.

    Si o Roxo permite esto na súa páxina, di moito de el...e algo que considero certo dos comentarios que aquí se puxeron e que a alguén non lle viña mal unha visita óo TRIBUNAL.

    Avergónzome de esta páxina si esto non se para, porque a libedade de expresión ten un límite, e eso chámase falta de respeto!

    Si esto é o perfil de votante do BNG, os comentarios de esta páxina, espero nunca votalos...esto que clase de imaxe é?

    Os argumentos que ten o BNG son insultos?

    Sodes capaces de gobernar un axuntamento si non sodes capaces de solucionar un pacto de goberno histórico en carnota?

    Faltaselle ó respeto ó personal do voso candidato en outras páxinas?

    Recapacitade e non permitades estos comentarios de xente anónima (COBARDES) que se envalentonan ó non dar a cara, que esto o unico que fai e perxudicar e empeorar as cousas.

    ResponderExcluir
  25. 28. non te preocupes, non son todos así. aquí escribe solamente súuuuuuuperman!

    ResponderExcluir
  26. En realidade todos somos un pouco "covardes" porque ningún se identifica alén do seudónimo "anónimo", mais isto non ten porque ser negativo necesariamente.
    De acordo co anónimo num. 28 en grande parte. No entanto, Moncho non vai ser responsable da mala educación, penso eu. Este é un foro aberto para poder opinar. A min gústame facelo e contribuír modestamente ao debate que se produza.
    Os comentarios soeces, con mala educación, tabernarios, para min non teñen interés e paso moito deles. Por fortuna, non son moitos os que aparecen no foro. Oxalá non houbera ningún. Hai que desafogarse doutras maneiras, non si?
    Por outra banda, se dous se insultan hai que pensar que cada quen simpatiza ou pertence a casas diferentes; xa que logo, a mala educación pode darse en todas partes.
    Debate político serio, con argumentos consistentes, respectando a opinión de quen non pensa coma ti, iso é o que queremos todos e todas. Ogallá fora así sempre, mais...que se lle vai facer!

    ResponderExcluir
  27. E ti non crees que ese tipo de comentarios deben ser eliminados de esta páxina? para que esta non sexa cómplice deles?

    Temos xente boa en todas as formacións políticas do concello, nunha/s máis q noutras según nos pareza e neso vai o noso voto persoal... non cabe duda!

    Eu solo digo, que ese tipo de comentarios (Exemplo o 22 por non enumerar mil mais en diferentes entradas) e todos os que entren nese tipo de descalificativos debía ser eliminados, non é permisible.

    ResponderExcluir
  28. Non todos os votantes do BNG insultamos á xente que merece ser insultada.
    Este blog non é nin de Moncho, nin de ninguén en particular, ata onde sei ler, é o blog da organicación do BNG de Carnota. O único que deixa expresarse libremente.
    Pido educación e control a todos os que vos expresades aquí ¿ou queredes que igual que o PSOE nos cesen o anonimato? ¿ou o que é peor, que o cerren e se convirta isto no blog inexistente do PP?
    Educación, demostrémoslle aos señores e señoras do PP e do PSOE que entran a provocar que a súa xenreira e envexa no la pasamos polo forro da chaqueta.

    ResponderExcluir
  29. PD: Recórdovos que esta páxina cando Moncho saleu nombrado candidato e o descalificaban persoalmente foron pechados temporalmente e eliminados os comentarios

    ResponderExcluir
  30. O QUE FALTABA. MARISOL TEMA DE CONVERSASIÓN AHORA!ANDA IDE PASEAR E BUSCADE TRABALLO OS QUE NON TIVESTEDES SORTE CO DEDO DE OREIRO.
    FALEMOS DE COUSAS IMPORTANTES.HAI PACTO SI OU SI?

    ResponderExcluir
  31. Non me gusta a censura por principios, mais num. 31 talvez teñas razón respecto do que dis e habería que censurar determinados comentarios que descalifican a quen os formula e, por extensión, se me apuras, á racionalidade humana.
    Hai uns límites que non se deberían sobrepasar (o exemplo que expós é ben significativo), porque non aportan nada e son propios de xente embrutecida, unha mágoa.
    Son o num. 30, a quen respostaches antes, e seguramente o BNG debe mirar isto porque senón pódeselle ir este foro das mans(pensemos no famoso blog "acarnotados"), que sería ben triste e desafortunado. Un foro é para expresarse, non para sacarse os miolos. Sentidiño por favor. Saúde e república, se se me permite.

    ResponderExcluir
  32. Voltando ao tema "pacto", penso que hai unha persoa, ex-militante do BNG de Carnota, que ten que saber todo sobre este tema. Non sei a vós, mais a min non se me escapa que para que se asine un acordo de goberno progresista, este cidadán ten moita influencia face ao resultado final, senón ao tempo.
    Caben dúas posibilidades: quen teña liña directa con el, que llo pregunte; quen non a teña, ten, temos, que agardar a sábado con case total seguranza.En política moitas veces os intereses persoais marcan o rumbo das actuacións vindeiras. O PSdG, a militancia, a súas bases, deben reflexionar bastante isto, se queren claro está.
    É unha opinión como outra calquera, con un pouquiño de sudabel malicia, pero nada máis.
    Saúde e república.

    ResponderExcluir
  33. Dar protagonismo a quen non o ten é perder o tempo.
    A incertidumbre na que estamos a maioría dos carnotáns desde o 22 de maio é máis preocupante que si paco, que si josefa.
    Adiantade algo,por favor: sexa para ben ou para mal.

    ResponderExcluir
  34. Pasensia, e confiansa nas asambleas dos dous partidos (que non nos personalismos de ningún iluminado)

    ResponderExcluir
  35. "Carlos quiere la Corona,
    Cristina no se la da,
    Isabel II dice:
    guárdemela usted mamá".

    Quen é quen na política carnotana?
    Haberá "Guerra Carlista" fratricida ou teremos "abrazo de Vergara"?
    Que pensa o tapado?
    Quen son os liberais e quen os conservadores?
    Sábado, sabadete, toca...
    Quen vai facer o polbo á feira? Ao Marqués de Capelán gústalle este cefalópodo? Pode ser que llelo sirvan en bandexa...

    ResponderExcluir
  36. Penélope destece de día o que pola noite tece.
    O namorado desfolla a margarida.
    Campos pensa: "Amighiños si, pero a vaquiña polo que vale".
    O Roxo pensa: "Reghresarei coma o fillo pródigo".
    Oreiro pensa: "Se continúo convidarei a Baltar a carne ó caldeiro".
    O Triunvirato está alerta: unha navallada trapeira pode botar por terra tódalas ilusións.
    A política non é para "viejos", con corazóns fráxiles e cansos. A política é para os valentes.César, coidate dos teus amighos, os inimigos xa se ven vir ao lonxe.
    En fin, que tampouco se ten porque tomar a fortaleza nun só día, moitos máis haberá para ir minando os cimentos.

    ResponderExcluir
  37. Como atinadamente apuntaron varios visitantes, nesta páxina non podemos consentir alusións persoais a quen participa na vida política de Carnota. Dado que os administradores desta web facémolo voluntariamente e que a dinámica que cobrou esta páxina imposibilítanos en moitos casos identificar inmediatamente comentarios que infrinxen as normas de uso, pedimos a vosa colaboración comunicandoas a carnota@bng-galiza.org.
    Rogándovos respecto a todas as posicións e espírito construtivo nas vosas mensaxes, saudámosvos atentamente.

    ResponderExcluir
  38. http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/06/10/0003_201106B10C6993.htm

    Diredes que non é para rir e chorar.
    Se este sábado houbera eleccións, teño ben claro quen ganaría e quen quedaría a 5 votos (máximo).

    ResponderExcluir
  39. Eres patético Susiño. Non hai mais baixo onde podas caer, xa pasastes das fosas marianas e segues en picado. Saludache un votante arrepentido.

    ResponderExcluir
  40. Suso é patetico porque di no periodico que quere pactar co BNG e que lle ofreceron a alcaldia e que esta todo por ver? e porque é patetico por eso? e que eu non entendo nada, esta decindo que a sua prioridade é pactar co BNG pero a cambio de algo, que por outra parte é totalmente lóxico xa que vamos a ver si vas a traballar dentro de un concello o normal é que algo che ofrezan e mais cando a outra forza política incluso che ofrece a alcaldia por muito que ahora eles o neguen...e por certo si eres un votante arrepentido seguramente é porque non te dignastes a ir falar con Campos ou con calquera do Psoe para que che aclarasen de primeira man o que está pasando, e te jiastes por tonterias que poñen nos periodicos e nos comentarios que nin a misa a mitad saben, como din por ahi arriba deixade os partidos que falen entre eles e a ver si asi se chega a un bo acordo para mañan poder celebrar un pacto progresista.

    ResponderExcluir
  41. e bochornoso de por si que existan ou existisen reunións co PP despois de ser o seu escudo na campaña eleitoral. O único que dixo o PSOE nos seus mitíns e nas dúas entrevistas emitidas por Tv foi: soldos do pp, asesora, gasolinas, obradoiro de emprego... se incluso na primeira entrevista aínda non tiñan o programa feito e dedicábanse a dicir que " vai a ser un programa ambiciosos"... era de chiste.(facer unha piscina descuberta, carnotafit... (cos cartos da diputación que ahora vai ser do PP). Que se deixen de caralladas e que apoien a Moncho que é o único que ten cabeciña

    ResponderExcluir
  42. Tonterias que sacan nos periodicos? O unico que vin no periodico fui declaracions de Campos decindo que estaba falando co PP desde o dia siguiente das eleccions e despois unha nota do BNG para defenderse de que campos o culpara das suas reunions co PP. Que queres que che diga, esto non foi o que se dixo na campaña, a min pediuseme o voto para botar o PP, e dabame igual o bloque que o psoe o que quero é ver a Camorra fora do concello por todo o mal que lle fixeron a xente. Sintome traicionado por campos e coma min aseguroche que moitos mais. A min non me volvedes engañar nunca trapalleiros.

    ResponderExcluir
  43. Son o anterior (42), olvidouseme decir que contra o BNG non teño nada, pareceme que deron un ejemplo de coherencia e Moncho pareceme que se portou como un señor.

    ResponderExcluir
  44. Libre pensador.10/06/2011, 13:58

    Campos;¿que pensas cando te ves a ti mismo como candidato do Psoe de Carnota?,e digo pensando en pasado presente e futuro.Vou a dar a miña humilde e respetuosa opinion;pasado:non tes,posto que esta e primeira vez que te presentas como candidato,presente:alodado,ennegrecido,oscuro enlamado etc.,futuro:non tes,porque ti mismo te encargastes de que asi fora.

    ResponderExcluir
  45. Sijo lendo xente que confunde os comentarios co que pensa o BNG sobre tal ou outro tema... ninguen se dou conta de que esto é anónimo, que aqui poden comentar os do PP, PSOE, BNG, abstencionistas, partido do cannabis ou indignados deses???? Eso de andar ladrando que o que se comenta por aqui é "o que din os do BNG" é mala ostia ou simple ignorancia??
    Solo teño esa pregunta, GRACIAS POR DEIXARNOS FALAR.

    ResponderExcluir
  46. alguén sabe a qué hora é o pleno de investidura?

    ResponderExcluir
  47. Mañán ás doce.

    ResponderExcluir
  48. 40.Que me dices??¡asique ó Bng ofreceulle a alcaldia a Campos e inda está todo por ver...?que me estás contando tia/o?¡.
    Onde quitas estas exclusivas bomba si non é indiscrección,do salvame deluxe ou das "asambleas"de Campos...??Saudos e saúde¡

    ResponderExcluir
  49. E dijo eu,,, Moncho se tan correcto é por que se marchou despois de ser alcalde??

    En fin, que si... vos ó voso, a culpa sempre é de Oreiro, e cando este non esté con quen o ides pagar??xD

    E dijo eu: eu se fora o dono da casa, TAMPOUCO VOS QUERIA DENTRO! Asique a meneala, e senon non vos presentarades! e xa que sodes tan guays buscades un sitio (as vosas casas, por ejemplo) e dades escuela de musica ali. É unha PROPIEDAD PRIVADA... (claro, que vos non entendedes deso) pero o dono TEN DEREITO, a defender o seu.

    Ah! asique Moncho vai contratar a todos por igual non?? JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA

    Érache boa,,,, se non nos conoseramos....jajajaj.

    ResponderExcluir
  50. O comentario anterior é propio do analfabetismo politico que profesan alguns forofos que confunden o politico cun dianteiro idolatrado.
    Pero a diferencia dos equipos de futbol, non son os cartos dun multimillonario os que poñen e quitan a un alcalde senon os votos da maioria da sociedade co seu apoio á persona e ó proxecto que cren mellor para o seu pueblo. E se o ides entendendo ti e mais Portela, mellor vos vai ir.

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: