AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

27/04/2015

O BNG anuncia que remunicipalizará o servizo de auga no 2016

Comparte e opina:
Asemblea veciñal de Quilmas

Noceda tamén anunciou o inicio da tramitación da ampliación do cemiterio do Pindo

Carnota, coma moitos outros concellos, ten nestes momentos o seu servizo de auga privatizado, o que supuxo que os beneficios deste servizo non revirten no ben común senón nos balanzos dunha empresa privada, as deficiencias no servizo e a falta de melloras, e tamén a escasa ou nula xeración de emprego no municipio derivada da prestación deste servizo. Mais esta situación pasará á historia no 2016, cando caduca a concesión, sempre e cando sexa o BNG quen nestes momentos quen se atope ao timón do goberno municipal, en que este servizo volverá a ser público. 

Asemblea veciñal do Pindo
Anunciouno onte o alcalde Ramón Noceda no curso da rolda de Asembleas Veciñais para rendir contas da xestión do goberno municipal e recoller as achegas veciñais ao programa de goberno 2015-2019, que se desenvolveron esta fin de semana en Caldebarcos, Lira, O Pindo e Quilmas.

A caducidade da concesión que privatizou a xestión da auga permitirá ao Concello de Carnota revertir a custe cero a privatización deste servizo fundamental a Espina, que nos últimos anos ten imposto tarifas completamente abusivas para un concello das características do noso, nunca cumpriu coas melloras prometidas e apenas xerou emprego no municipio.

Asemblea Veciñal de Lira
Coa remunicipalización, que implicará a xestión directa do servizo polo concello, o Concello de Carnota aspira a poder reducir a factura que a veciñanza está a pagar pola súa auga, ao tempo que os seus rendementos axuden a mellorar a calidade do servizo e o seu mantemento, e tamén a xerar preto de media ducia de empregos directos. Asi mesmo, sentaranse as bases para recuperar en canto sexa posíbel o saneamento público, outro piar fundamental da acción de goberno do BNG, e cuxos abusos por parte da empresa (con consentemento necesario do anterior executivo do PP) xa causaron numerosos rompedeiros de cabeza á veciñanza, e nomeadamente á do Pindo que se viu obrigada a pagar durante anos a factura dun servizo que ninguén lles presta.

Noutra orde de cousas, os actos do Pindo e Quilmas serviron tamén para transmitir á veciñanza a boa nova do inicio dos trámites para a demandada ampliación do seu cemiterio, asi como outras actuacións menores de embelecemento e mantemento das instalacións municipais de ambas localidades.
Etiquetas: , , , , , , ,

Hai 2 opinións.

  1. Supoño que xa o teñen moi claro, pero alguen me pode dicir como.

    - Algo teran que dicir os do Concello de Muros, posto que é un servizo compartido.
    - Vai liquidar a Mancomunidade?
    - Vai xestionar a Mancomunidade o servizo?
    - Vai poñer tarifas diferentes en cada Concello? Baixalas?
    - Vai mellorar as deficiencias no servizo?
    - Xeración de emprego, quen os vai pagar?
    - Se vamos pagar menos de recibo, mellorar as deficiencias e xerar emprego (mais que Espina suponse), de donde van sair tantos cartos?
    - Se os veciños do Pindo seguen sen pagar, quen vai pagalo? o resto de Carnota?
    - Etc, etc,

    ResponderExcluir
  2. A min dame de lado, mentres pagemos menos e melloren o servizo que se presta

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: