
Este acordo debe ser legalmente adoptado polo Pleno, ao que non poderán asistir os imputados -que manteñen a súa acta de concelleiros do PP- por seren parte directamente interesada no resultado da votación. Porén cremos que pola trascendencia do punto único da Orde do Día é necesario un chamamento á participación veciñal, que teñen dereito a estar informados dos asuntos que ocupan a vida diaria dos seus representantes políticos, e máis, coma é o caso, cando o que se están esclarecendo son supostos feitos delictivos (contratacións sen igualdade, concurso nin publicidade) que perxudicaron non só ao erario público senón ao conxunto da veciñanza.
O Bloque Nacionalista Galego xa adianta o voto favorable do seu Grupo Municipal para que o Concello de Carnota poida defender directamente e sen intermediarios os intereses da súa veciñanza, e para que o Tribunal Superior chegue ata o final á hora de esclarecer actuacións presuntamente ilegais que poderían acarrear a inhabilitación dos imputados. Porén queda por saber que posición adoptarán PP e PSOE.
Hai 0 opinións.
Publica a túa!