AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

13/04/2015

Por qué a oposición carnotá se nega a combatir a corrupción?

Comparte e opina:

As mentiras de PP e PSOE, ao descuberto

O PSOE tenta convencer á veciñanza de que este pleno non existiu (CC)
No pleno celebrado o pasado venres PSOE e PP votaron en contra de que o concello de Carnota se poida personar como acusación no xuízo que se segue no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un presunto delito de prevaricación polo que están imputados José Oreiro, Marisol Piñeiro, Carlos Bousoño e Rosa Rama. Argumentaron, para xustificarse, que Ramón Noceda presentara a denuncia como alcalde de Carnota sen estar habilitado para iso polo pleno. Así o dicía o portavoz socialista, Suso Campos e o refrendaba coa súa posición o outro concelleiro socialista, Juan Manuel Saborido. Todo o pobo coñece a súa cantarea: “O pleno que o habilita non existiu” , “É un pleno fantasma”...

Vamos explicar a situación: unha denuncia por prevaricación pode (e debe) presentala calquera persoa que vexa indicios dese delito, sexa Ramón Noceda ou calquera outra persoa. Agora ben, se a quere presentar en calidade de alcalde de Carnota, ten que acreditar (ante notario) que efectivamente é o alcalde de Carnota, mediante unha certificación da sesión plenaria na que foi investido. Porén o notario cometeu un erro de transcrición e escribiu a data do certificado municipal expedido no 2013 en lugar da data do pleno de investidura, celebrado en realidade o 11 de xuño de 2011. Ese erro, corrixido sen maior transcendencia, non supón que Carnota non teña alcalde, nin que este non poida denunciar se ve indicios de que o anterior goberno prevaricou.

Isto é lóxico e obvio para calquera menos para Jesús Campos e Juan Saborido, que seguen a negar a existencia dun pleno que toda Carnota coñece, ao que asistiron centos de veciños, e no que eles mesmos participaron, para elixir por certo a Moncho Noceda como alcalde de Carnota. Suso Campos agarrouse a ese erro notarial coma a un cravo ardendo para tratar de xustificar a súa negativa a combatir a fraude en Carnota. E por moitas veces que o alcalde lle aclarou a cuestión, o portavoz do PSOE segue insistindo no mesmo e incluso atrévese a acusar publicamente ao alcalde de falsificar ou inventarse un pleno. Esta forma de actuar ruín e vergonzosa converte o despiste en mentira, e a mentira nunha inxuria.

Pero vamos ao que verdadeiramente lle interesa á xente pois o que se debatía e votaba no pleno do pasado venres non era iso. O que se debatía era se o concello de Carnota se ía personar, como parte implicada e prexudicada que é, no xuízo que se instrúe no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un presunto delito de prevaricación do anterior goberno. E tanto PP como PSOE, eses que agora din estar contra a corrupción, votaron en contra impedindo que a veciñanza de Carnota poida estar representada nun xuízo onde se persegue a corrupción. Sobra dicir que os veciños e veciñas de Carnota son parte interesada, pois o presunto delito cometeuse cos seus cartos, e diso a fiscalía viu indicios abondos.

Se ben a postura do PP é hipócrita é noxenta, a do PSOE é ridícula sabendo o que dicían non hai moito. Toda Carnota lembra as durísimas declaracións do seu portavoz Suso Campos nos debates televisivos e nos mitins da anterior campaña: O que antes era un escándalo agora resulta que non debe denunciarse; o que nos ía salvar das corruptelas agora vota en contra de que o concello se poida defender delas. El saberá a que obedece este cambio de parecer, e agardamos que saiba explicar ao pobo de Carnota por que lle impediu defenderse dun presunto delito de corrupción.

Para rematar temos que aclarar outro feito. Ao principio do pleno o alcalde Ramón Noceda tivo que explicar que ao estaren imputados José Oreiro, Marisol Piñeiro, Carlos Bousoño e Rosa Rama non podían legalmente intervir no pleno nin votar. Ningún membro do PP interviu na sesión pero toda a veciñanza viu como o señor José Oreiro xesticulaba cada vez que era nomeado, insinuando que el non está imputado; o mesmo anda dicindo publicamente e na prensa. A cuestión é moi doada: Se realmente o candidato do PP de Carnota non está imputado, podía ter intervido e votado no pleno sen problema, ao non haber absolutamente nada que llo prohibise. Entón por que non o fixo? Xa nin el mesmo se cre as súas propias mentiras.

Eses son os feitos. Dentro de pouco a xente de Carnota vai escoller quen a represente, e xa non hai medias tintas: uns defendemos ao pobo da inxustiza e a corrupción, e outros non. Uns defendemos os intereses veciñais, e outros defenden os seus.

    Novas relacionadas

Etiquetas: , , , ,

Hai 3 opinións.

  1. Moi, moi ben, por fin os puntos sobre as "i". Animo

    ResponderExcluir
  2. Todos contra a corrupcion

    ResponderExcluir
  3. Campos está máis vendido que un caramelo a porta dun colegio

    ResponderExcluir

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: