AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

16/05/2015

Oreiro e Marisol deberán devolver os cartos que lle custou á veciñanza o seu «enchufe»

Comparte e opina:

O BNG xa prepara a súa acción popular no proceso contra os candidatos nº 1 e 3 do PP de Carnota por enchufar cando gobernaban

Logo de que o Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) admitira o exercicio da acción popular por parte do BNG, a nosa organización anuncia que ademais das responsabilidades políticas vai esixirlle a José Oreiro e Marisol Piñeiro a restitución íntegra do prexuízo económico que o seu «enchufe» lle provocou ás arcas municipais do Concello de Carnota. Dito doutro xeito, se o Xulgado finalmente condena aos procesados polos delitos de prevaricación que investiga, José Oreiro e Marisol Piñeiro deberán responder solidariamente, do seu peto, por cada céntimo saído das arcas municipais destinado a financiar ese contrato e as súas sucesivas prórrogas.

O BNG considera que non abonda con que sexan inhabilitados senón que a única forma de facer verdadeira xustiza será o resarcimento económico íntegro dos danos económicos que o seu proceder presuntamente ilegal lle causou ao Concello de Carnota e por tanto ao conxunto da veciñanza.

Asi mesmo, e sempre se a sentenza resulta condenatoria, o BNG pedirá a anulación do contrato investigado sen ningún custo para a veciñanza, e tamén a revocación do secretario interventor Carlos Bousoño, ao que o Ministerio Fiscal considerou cooperador necesario na comisión do presunto delito por ser quen asesorou ao resto, e que entendemos que quedaría deslexitimado de por vida para seguir exercendo un cargo de máxima responsabilidade institucional.

En calquera caso o BNG manterá cumpridamente informada á veciñanza sobre calquera documento e vista deste proceso que teña carácter público.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Artigos máis lidos

Artigos máis recentes

  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: