AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

29/04/2019

A loita polo indulto de Manuel de Talelo chega ao Parlamento Galego

Comparte e opina:

A proposta do BNG mañá o Parlamento debatirá a partir das 12h a petición de indulto ao goberno, en presenza da familia e as amizades de Manuel


Este martes 30 de abril, a partir das 12:00 horas, a Xunta de Portavoces do Parlamento Galego debata a petición de indulto de Manuel A. Martínez Lustres, veciño de Lira condeado á cadea a consecuencia dun enfrontamento con furtivos que faneaban ilegalmente na Reserva Mariña de Lira, debate ao que está convidada unha representación da familia e as amizades do noso veciño.

En 2013 producise en Lira un enfrontamento entre un nutrido grupo grupo de furtivos que operan ilegalmente na bisbarra, e que acumulan un rosario de incidentes e denuncias polas súas actividades ilícitas e episodios de violencia, con integrantes do colectivo percebeiro, que acabou con parte dos mariscadores ilegais aporreando a altas horas a porta do fogar familiar de Manuel. Como non o lograron confrontar nese intre, voltaron días máis tarde a Lira para localizalo na súa propia caseta onde, ao verse acurralado en mans de persoas coñecidas polos seus métodos violentos, Manuel defendeuse cun apeiro de marisqueo ferindo de gravidade a un deles.

Por esas lesións Manuel afrontou os custos do tratamento médico asi como unha indemnización ao furtivo, mais o Xulgado non conforme con iso sentenciouno tamén a tres anos de cárcere. Esta decisión tan controvertida subscitou un amplo rexeitamento veciñal no pobo de Lira pois non vén a redimir de ningún xeito o acontecido, pero si complica gravemente a situación da súa familia, para quen Manuel representa o seu único substento.

O ingreso de Manuel na cadea é inminente e a conta atrás esgótase, e por iso o BNG, presentou no Concello de Carnota unha iniciativa pedindo o indulto que resultou apobada por unanimidade (BNG, PP e PSOE), e que logo tamén foi respaldada por milleiros de sinaturas e pola maioría do tecido social do municipio. Agora, tamén decidimos elevar esta petición ao Parlamento Galego onde agardamos obter tamén o apoio unánime de todas as forzas do arco parlamentario.

Os que non podemos acercarnos a Compostela poderemos seguir o debate mañá a través da canle do Parlamento Galego en Internet, desde onde se poderá seguir o debate en directo a partir das 12:00 horas.

Etiquetas: ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: