AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

22/04/2019

Jesús Caamaño, Chuchú, nº 10 do BNG de Carnota

Unha das novidades da nosa candidatura é a entrada na lista, por primeira vez, de Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú", veciño de Portocubelo (Lira) e membro dunha familia moi querida da parroquia ao igual que o seu pai, de quen herdou o apodo polo que toda a veciñanza o coñece.

Chuchú é ante todo un mariñeiro, que na actualidade presta os seus servizos na lancha de Salvamento Marítimo con base no porto da Coruña. Porén aproveita a máis mínima ocasión para voltar ao seu lugar, onde está a rehabilitar a casa que foi do seu avó na mesma beira do Océano Atlántico.

Por todo o que representa este sector no noso Concello e como non podía ser doutro xeito, tamén no proxecto do BNG de Carnota, Chuchú incorporase nun posto simbólico da candidatura, lonxe dos postos de saída, pois os seus compromisos profesionais impídenlle facelo máis arriba. Porén, faino co entusiasmo e implicación de quen o fai nos postos de saída, convencido non só do positivo que o proxecto do BNG ten para o seu lugar e concello, senón tamén da enorme importancia e transcendencia do irrepetíbel traballo feito durante anos por Milucho Louro, agora candidato á alcaldía, á fronte da Confraría de Pescadores da localidade.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: