AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

23/04/2019

Moncho Noceda, nº 11 do BNG de Carnota

Comparte e opina:
Foto: La Voz de Galicia
Pechando o tramo titular da candidatura do BNG de Carnota, no nº 11, concurre Ramón Noceda Caamaño, Moncho O Roxo, histórico militante nacionalista e alcalde durante un total de catro mandatos, quen agora decidiu poñer punto e final á súa traxectoria á fronte do goberno municipal, ao atoparse xa próximo á idade legal de xubilación.

Pouco queda sen dicir aínda deste veciño de Lira, natural de Lariño, que o foi todo dentro e fóra do Concello. Operario de profesión, e moi querido entre veciñanza e camaradas pola súa humildade, sempre fixo gala dun inmenso compromiso por Galiza que o levou desde rapaz a militar no nacionalismo na clandestinidade, nuns tempos onde iso implicaba o enfrontamento directo coas autoridades policiais dun réxime franquista que se negaba a desaparecer.

Moncho (2º pola der.) de sentada na Praza de Galiza en 1983
Moncho viviu de pleno aqueles convulsos e á vez ilusionantes anos nos que o nacionalismo saía da clandestinidade para comezar a recuperar para o pobo galego as prazas do País; mítica é a foto de Moncho sentado na praza de Galiza de Compostela con moitos outros compañeiros en sinal de protesta, cando a policía franquista aínda prohibía ao pobo acceder á zona vella para reivindicar o 25 de xullo, Día da Patria). Despois das prazas chegaron as alcaldías, e unha das primeiras en caer foi a de Carnota, por suposto coa alcaldía de Moncho, primeiro cun nivel de apoios precario, e logo cunha apabullante e nunca máis reeditada maioría absoluta de 8 membros.

Tras un longo periodo apartado da política municipal, en 2010 Moncho asumiu o reto de tratar de rescatar o goberno de Carnota das mans duns pésimos xestores do PP que o saquearon economicamente e deixaron ao borde do colapso, e o levaron a un retroceso democrático sen precedentes. Moncho cumpriu sobradamente o obxectivo tras facerse co goberno en minoría en 2011, e xa cunha solvente maioría absoluta en 2015; isto permitiríanos recuperar, sanear e estabilizar o Concello, mesmo retomando a senda dos proxectos e investimentos cuxos froitos estamos vendo.

Moncho Noceda é un deses imprescindíbeis que falaba Bertolt Brecht; e desde logo nada será igual en Carnota sen a súa figura á fronte. Porén, temos a seguridade e tranquilidade de que a nova persoa que asume o mandato da militancia do BNG, Milucho Louro, é a mellor das opcións posíbeis para Carnota no tempo actual, e que Moncho estará sempre, mentras lle quede un alento, ao noso lado para axudarnos a seguir escribindo a Historia deste Concello, do noso País e da súa xente. Por iso ten máis que gañado este premio á súa traxectoria vital e política: o poder tomar agora un merecido descanso dos durísimos avatares da primeira liña política, e centrarse en disfrutar da súa xubilación, a súa familia e a súa gran afición, a pesca deportiva.
Etiquetas: , , , , , , , , , , , , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

Axenda de campaña

Venres 10 de maio

  • 19:00 h. Acto público de apertura de campaña en Quilmas, dirixido á veciñanza de Quilmas e A Curra
  • 20:00 h. Acto público en Panchés

Sábado 11 de maio

  • 18:30 h. Acto público no Viso
  • 20:00 h. Acto público en Caldebarcos

Domingo 12 de maio

  • 19:00 h. Acto público en Carnota
  • 20:30 h. Acto público en Pedrafigueira

Venres 17 de maio

  • 19:00 h. Acto público na Montaña
  • 20:30 h. Acto público en Cornido

Sábado 18 de maio

  • 18:30 h. Acto público en Canedo
  • 20:00 h. Acto público en Louredo

Domingo 19 de maio

  • 18:30 h. Acto público en Lariño
  • 20:00 h. Acto público en Mallou, dirixido á veciñanza de Mallou e Maceiras

Martes 21 de maio

  • 12:20-14:00 h. Debate radiofónico en Radio Nordés

Xoves 23 de maio

Venres 24 de maio

A nosa candidatura

  1. Emilio Louro Lamela, “Milucho”
  2. Belén Campos Díaz
  3. Manolo Souto Barreiro
  4. Pilar Tubío Lariño
  5. Iván Franco Caamaño
  6. Susana Riveiro Siaba
  7. Nicola Lurie Mitchell
  8. Jorge Fiuza Barreiro
  9. Cecilia Caamaño García
  10. Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú"
  11. Ramón Noceda Caamaño
  12. Suplentes
  13. Marupe Armendáriz Villar
  14. Cándido Caamaño Lado, “Marcelino”
  15. Fátima Dosil Caamaño
  16. Marisa Agulleiro Malvarez
  17. Marcelino Saborido Lago, “Marcelo”
  18. Agustín Lamela Caamaño, “Curral”
  19. María Socorro González Otero
  20. María Manuela Núñez Garcia
  21. Iago Maceiras Dosil
 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: