AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/10/2019

Un concelleiro do PSOE de Carnota utiliza un coche municipal para os seus fins persoais

Vehículo de titularidade municipal estacionado nas inmediacións da casa do edil
Segundo nos transmitiu a veciñanza Rafael Piñeiro Piñeiro, concelleiro do PSOE de Carnota e delegado das áreas de deportes, patrimonio e participación veciñal do goberno local, leva varias semanas utilizando para os seus desprazamentos persoais o Seat Córdoba que usaba ata hai pouco a Policía Local. Asi, é moi frecuente atopar o vehículo, rotulado co escudo municipal, estacionado no Pindo, onde reside o edil, ou en Cee cando realiza desprazamentos de índole persoal a esta localidade.

O BNG de Carnota preguntou no pasado pleno ao alcalde por este comportamento, quen se limitou a recoñecer os feitos, que xustificou con que o vehículo municipal estaba "desafectado"; pola súa banda o concelleiro sorprendeuse porque a oposición "espere que use o seu coche particular" para os seus desprazamentos. É dicir, os feitos denunciados pola veciñanza ademais de certos son consentidos polo propio alcalde, Juan M. Saborido.

O goberno do despilfarro

O BNG lémbralle ao executivo do Moma que co anterior executivo ningún edil se permitiu o luxo de andar nun coche oficial pagado por toda a veciñanza; ao contrario, os membros do goberno mesmo puxeron os seus propios vehículos a disposición do Concello sempre que fixo falta. É evidente que estamos ante o goberno do despilfarro, e ás disparatadas pretensións salariais súmase agora a aparente intención de ter coches oficiais pagados pola veciñanza.

Coche oficial para un edil que nin sequera fai o seu traballo

Esta non é a primeira polémica na que se ve envolto este edil, quen ao parecer ten renegado das súas competencias. O último exemplo foi no torneo de xadrez organizado polo Concello no marco das festas de Carnota, que tradicionalmente se viña organizando polo departamento municipal de deportes; nesta ocasión tivo que ser asumido integramente pola comisión de festas, ao non comparecer o edil de deportes nin sequera para a entrega de trofeos.
Etiquetas: , , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: