AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

01/12/2020

Preguntas presentadas o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro. (Parte 3)

Comparte e opina:

Seguimos con duas preguntas contestadas no pleno do día 26 que tivemos que facer por escrito e presentar con 24 horas de antelación para que o alcalde as conteste no pleno.

        Xa paga Dumbría a parte que lle corresponde do saneamento ou seguimoslle a pagar as veciñas e veciños de Carnota?

Ao alcalde non lle gusta como está formulada a pregunta pero dende o BNG non encontramos outra maneira de facela.

Resposta: Despois de diversas explicacións do tipo de “... hai 4 estacións sen recepcionar por augas de Galicia. Que está en proceso administrativo de fase de recepción. Que Dumbria quere pagar, que ten partida de pago nos orzamentos...”

Conclusión: O Concello de Carnota segue pagando a Dumbria os bombeos do saneamento do Ézaro. Se está Dumbria desexando pagar como di o alcalde que pague xa empezando polos atrasos.


 

 

        Qué medidas está a tomar o goberno municipal para axudar aos pequenos negocios do noso Concello para afrontar a crisis provocada polo covid-19?

Resposta: O Pel-Reactiva da Deputación.

O BNG volve preguntar: a parte do Pel-Reactiva cales son as medidas concretas tomadas polo propio Concello?

A reposta dáa a tenenta de alcalde: Un escaparate promocional na páxina web do Concello. Reunións coa asociación de empresarios. Colaboración con cartelería. Se a pregunta refíresese a medidas económicas non hai ningunha porque non hai partida orzamentaria.

Conclusión: A maioria dos concellos da nosa contorna si teñen axudas económicas. En Carnota non hai partida orzamentaria porque a finais do 2020 o goberno municipal non fixo o seu traballo.

 


Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: