AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

02/12/2020

Preguntas presentadas o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro. (Parte 4)

 








Seguimos con máis preguntas do pleno do día 26, e repetimos, que tivemos que facer por escrito e presentar con 24 horas de antelación para que o alcalde as conteste no pleno.

        Existen informes xurídicos que avalen a decisión do alcalde de non recurrir a setenza que condena ao ex alcalde Sr. Oreiro e a Sra. Piñeiro por un delito de prevaricación e reclamar os máis de 172.000€ que pedía o Concello?

Resposta: Si, teñen informes xurídicos externos de varios avogados e eses informes din de non recurrir por se hai condena en costas.

Conclusión: Todas as veces que se discutiu este tema é a primeira vez que o acalde fala de informes xurídicos, si falou de que fixeron consultas a xuristas. De todos os xeitos os avogados coñecen a lei e saben que a regra xeral é que non hai condena en costas á acusación particular (o Concello neste caso).




        Despois de varios escritos presentados polo grupo municipal do BNG sen recibir contestación por parte do alcalde, algúns deles foron presentados hai xa varios meses, queremos saber por que non se contestan aos nosos escritos en tempo e forma?

            Resposta: que o intentan que poden ter algún despiste pero non é intencionado.

            Conclusión: O certo é que o día que se fixo esta pregunta hai varios escritos sen contestar, algúns levan meses e os que si contestan o fan meses despois.

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: