AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

08/12/2006

Máis proxectos, máis consenso... e máis Concello

O pasado día 30 de novembro tivo lugar o Pleno Ordinario da corporación municipal.
A continuación resumimos os puntos máis destacábeis da sesión:

-Aprobouse o prego de cláusulas administrativas para a contratación do futuro Centro de Interpretación Paisaxística que se situará nos montes de Cabana, enriba de Lira.
-A corporación aprobou a adhesión ao Fondo galego de cooperación e solidariedade.
-Ratificouse a aprobación de cláusulas administrativas para a contratación do proxecto de adecuación de espazos públicos no núcleo de Lira.
-Solicitude de renovación da operación tesoureira ao BCL.
-Elexiuse o xuiz de paz titular e suplente.
-Aprobouse o proxecto técnico para a creación dunha escola infantil en Carnota que se encadrará dentro da rede galega de Galescolas. O proxecto suporá un investimento de 550.000�.
-Aprobouse do proxecto de ampliación da rede de saneamento e o investimento de 117.000� para levalo a cabo.
-Tamén se aprobou unha moción do goberno local con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Como vedes, a sesión estivo marcada pola aprobación de novos e interesantes proxectos para o desenvolvemento das potencialidades do noso concello, pero sobre todo, polo consenso absoluto entre goberno e oposición na totalidade dos puntos.


Parece que por fin o PP se decatou do absurdo e ineficaz da súa estratexia anquilosada de acoso e derribo permanente ao goberno municipal (e que, por certo, caracterizou toda a súa actividade desde que perdeu o goberno hai case oito anos). Esperemos que o motivo sexa un intelixente xiro de 180 graos a unha postura de oposición construtiva, e non á simple e reiterada ausencia de Pepe Oreiro, suposto líder da oposición, que segundo algúns rumores non confirmados aínda asi pretendería volver a presentarse dentro duns meses ante a cidadanía de Carnota como candidato á Alcaldía.
Etiquetas: , ,

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: