AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

31/05/2025

Primitivo Pedrosa, elixido novo candidato á alcaldía polo BNG

A Asemblea Local do BNG de Carnota ven de elixir novo candidato á alcaldía de Carnota por unanimidade: Primitivo Pedrosa.  

Primitivo (Primi) é un veciño de Vilar de Carnota, fillo de María Rosa de González e de Primitivo, casado e cun fillo e unha filla. De profesión mariñeiro, patronea a súa embarcación de pesca artesanal Maria Rosa II, con base no porto de Muros. 

Na actualidade tamén ostenta a representación dos armadores de pesca artesanal de baixura na Confraría de Pescadores de Muros, destacando pola súa labor incansábel, desde fai anos, a prol dos intereses dos traballadores e traballadoras do sector pesqueiro en distintas instancias, tanto a nivel autonómico, estatal e mesmo europeo, participando en distintos foros como experto no Parlamento Europeo e na Comisión Europea. 

 A nivel organizativo, Primitivo é membro da Comisión de Pesca do BNG e formou parte nas distintas candidaturas do BNG as eleccións, ás municipais do 2023, ao Parlamento Europeo, ao Congreso dos Deputados e ao Parlamento de Galiza. 

 Primitivo caracterízase por ser unha persoa aberta á participación en distintas entidades ou asociacións a nivel local, con carácter afable e reflexivo, sempre disposto a buscar solucións ás problemáticas que se plantexen dende o diálogo, evitando confrontacións innecesarias e cun ton conciliador. 

A militancia do BNG de Carnota confía plenamente, e así o amosou por unanimidade, na súa valía persoal para encabezar unha renovada candidatura nas vindeiras eleccións locais que se celebrarán no 2027 e considera que é o mellor candidato posible para enfrontar os grandes retos que ten por diante o noso Concello, que se atopa nunha preocupante situación de parálise e de falta de ideas. 

 Desde o BNG de Carnota consideramos que Primitivo será a persoa ideal, capaz de xestionar e de buscarlle solucións ás distintas problemáticas do Concello e que tanto el como o grupo de mulleres e homes que conformen a candidatura serán quen de recuperar a confianza maioritaria da veciñanza para acadar a Alcaldía no 2027.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: