AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

Notas

Benvidas e benvidos á páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. A través deste espazo creado, xestionado e financiado pola militancia do BNG tentarevos tervos ao día de toda a actualidade política do noso municipio, sempre desde a óptica do nacionalismo local, asi como facilitarlle a quen teña algo que dicir un espazo onde poder facelo libremente.

Normas de uso

Licenza de Creative CommonsTodo o material literario, infográfico, fotográfico, etc... aloxado nesta páxina atópase, salvo que se exprese o contrario, baixo licenza Creative Commons. Isto significa que eres completamente de copiar, distribuír e comunicar publicamente os contidos, e mesmo de empregalos nas túas propias obras, salvo que teñan unha finalidade comercial, e sempre e cando cites a procedencia e o material derivado sexa difundido baixo idénticas condicións. A utilización de material obtido desta páxina non implica, en ningún caso, que a obra resultante sexa subscrita polo BNG.

Comentarios

Dado que o maior interese dun espazo destas características consiste, precisamente, en que poidades emitir as vosas propias opinións, a publicación de comentarios é libre e non conta con ningún sistema de moderación (excepto para as mensaxes comerciais indesexadas).

Por cuestións técnicas alleas á vontade do BNG tivemos que suprimir o espazo "Toma a palabra!", cuxo historial gardaremos íntegro a efectos de consultas. Se desexas comentar calquera información publicada nesta páxina, facendo click no título do artigo atoparás, ao final do mesmo, un espazo onde facelo, mesmo de xeito anónimo; isto non exime a autores e autoras dos textos da súa responsabilidade sobre os mesmos.

Garantindo a liberdade de expresión, presupoñemos un espírito construtivo en todas as mensaxes. Todas aquelas alusivas á vida personal ou familiar das persoas que participan na vida política do Concello de Carnota serán retiradas, ao igual que todas aquelas que poidan resultar ofensivas para calquera persoa en función do seu xénero, etnia, ideoloxía, lugar de procedencia, clase social, sexualidade...

O BNG de Carnota, como organización política do nacionalismo carnotán, non subscribe necesariamente ningún comentario nin opina alén dos propios artigos da páxina; a súa participación nos espazos de opinión será exclusivamente técnica e aclaratoria.

Espazo veciñal

Desde o 10/10/10 esta páxina dispón dun listado de espazos web de colectivos e persoas residentes ou procedentes do noso municipio. O feito de recollérense estas ligazóns non implica a aceptación por parte de autores e autoras, nin que o BNG de Carnota subscriba os contidos deses espazos, que son responsabilidade única dos seus autores e autoras.

Se desexas que unha páxina da túa propiedade deixe de figurar nese listado, fáinolo saber no enderezo carnota(arroba)bng.gal. Se desexas que recollamos algunha páxina que aínda non está, podes utilizar a mesma canle.
 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: