![]() |
| As e os 22 membros da candidatura do BNG, no noso local |
Con este xesto o conxunto da candidatura do BNG quere constatar o seu frontal rexeitamento das prácticas de transfuguismo, polas cales calquera persoa que obteña unha acta de concelleiro podería ao día seguinte obrar dunha forma distinta ou mesmo contraria ao programa e posicionamentos da opción política pola que concurriu, contrariando tamén a vontade do cidadán que dera o seu voto á dita opción.
Animamos a todas as opcións políticas a emprender o camiño de adoptar as medidas que sexan necesarias para acurralar e erradicar o transfuguismo e o chalaneo, con especial atención na política local por ser aquela máis próxima, sensíbel e por tanto máis vulnerábel onde máis pode danar os intereses do conxunto da cidadanía.
Publicamos o texto literal do documento asinado de enteira conformidade polos 22 membros da candidatura do BNG, xa arquivados no local do BNG de Carnota.
COMPROMISO PERSOAL DAS E DOS INTEGRANTES DA LISTA DO BNG DE CARNOTAEu, (nome da persoa candidata), con DI (documento de identidade da persoa candidata) , como persoa integrante da candidatura do BNG de Carnota que concurriu ao proceso de Eleccións Municipais do 2011, no suposto de que chegue a obstentar unha acta de edil polo feito de ter formado parte desta candidatura,
DECLARO
Primeiro: Comprométome responsabelmente a acatar as decisións que a o conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota adopte asi coma as tarefas que se me encomenden, e a defendelas dignamente na corporación municipal, dentro das posibilidades que a miña representatividade permita. Asi mesmo, declaro que xamais tomarei unha decisión individual contraria aos intereses e posicionamentos do conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota.
Segundo: Acepto que a acta de concelleira/o permanecerá vencellada incondicionalmente ás decisións orgánicas que adopte o BNG en cada momento. Baixo ningún suposto abandonarei a disciplina do BNG reservándome a acta de edil. Asi mesmo, comprométome a, no caso de que se produza o meu cese nesta organización por calquera motivo, poñer a miña acta a enteira disposición do que decida a Asemblea Local do BNG de Carnota, aceptando calquera responsabilidade derivada dunha forma de proceder distinta ao que se recolle neste compromiso personal que rubrico de enteira conformidade co exposto.
Asinado en Carnota a 10 de xuño do 2011







Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.