Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte.
ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA
Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos:
Ante a aprobación por unanimidade pola Asemblea local do BNG de Carnota, asino dando fe en Carnota a 28 de maio de 2011, sendo as 19:00 horas.
- Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota.
- Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obtivera máis votos.
- En función da representatividade obtida ese cambio de goberno debe ser liderado polo BNG, con Ramón Noceda Caamaño como alcalde de Carnota.
- Instamos ao PSOE de Carnota a cumprir a palabra dada aos veciños dando o seu apoio ao BNG na sesión de investidura da Corporación Municipal de Carnota.
- A Asemblea local do BNG de Carnota designa e faculta a Ramón Noceda Caamaño, Mª Mercedes Díaz Mayán e Mario Maceiras Saborido para trasladar este acordo aos interesados.
- Como mostra de transparencia, este documento porase en coñecemento de toda a veciñanza mediante nota de prensa e na páxina web do BNG, unha vez sexa aprobado.
Belén Campos DíazResponsábel localBNG de Carnota







Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.