O Bloque Nacionalista Galego rachou en Carnota coa tendencia alcista da dereita alcanzando un importante medre que o levou onte do 26 ao 33,5% dos sufraxios, obtendo un concelleiro máis que hai catro anos. O PP sufriu un severo retroceso de 203 votos, o que significa a perda de dous concelleiros con respecto ao escrutinio que lles outorgara a maioría absoluta no 2007. Outro duro pau foi para o PSOE, coa perda de case 200 apoios e un concelleiro. Polo lado máis positivo, a cita coas urnas rexistrou unha das participacións máis altas nos últimos anos, pois case 3 de cada 4 votantes quixeron exercer o seu dereito a voto.
![]() |
| Ramón Noceda diríxese aos veciños durante o mitin de peche de campaña en Lira |
O BNG de Carnota quere agradecer a todos e cada un dos seus 1.043 votantes a confianza depositada no noso proxecto e na nosa candidatura, grazas aos que superamos por primeira vez despois de moitos anos o teito dos mil votos. a pesar da perda de case mil habitantes censados con respecto ás eleccións do 2007.
Pero nomeadamente, debemos adicarlle estes formidábeis resultados a todos e cada un dos e das militantes e simpatizantes que os fixeron posíbel e converteron a nosa campaña nun debate de ideas e propostas para o futuro de Carnota.
Concelleiros a elixir: 11
Mesas: 6
Censo: 4.264
Participación: 3.160 (74.11%)
Abstencións: 1.104 (25.89%)
Votos en branco: 49 (1.57%)
Votos nulo: 45 (1.42%)
Resultados finais co 100% escrutado
- PP: 1.386 votos (44.49%) - 5 concelleiros
- BNG: 1.043 votos (33.48%) - 4 concelleiros
- PSOE: 637 votos (20.45%) - 2 concelleiros







Postar um comentário
Déixanos aqui os teus comentarios.