O Bloque Nacionalista Galego suspende por hoxe a súa campaña eleitoral para mostrar o seu pesar pola traxedia de Lorca. Por tanto non vai ter lugar o encontro previsto para este tarde entre o BNG e mariñeiros e mariscadores de Lira e O Pindo.

O BNG querse dirixir especialmente ás familias e aos achegados das vítimas producidas polo terremoto para facerlles chegar a súa solidariedade.

A formación nacionalista enviou un telegrama ao alcalde de Lorca para o facer partícipe da dor que no pobo galego ten producido este terríbel acontecimento.

1 comentarios:

  1. Anônimo on 12/5/11 10:27

    As miñas condoenzas ás familias de todos os falecidos.

     

    Ler máis...

    Arquivo

    Categorías