Coa forza da mocidade hai futuro en Carnota!

Publicado ás 23:49h, en , , , | Ver

Galiza Nova da Costa da Morte vén de presentar en sociedade un impactante traballo audiovisual encamiñado a arengar á mocidade a implicarse nos problemas que lle afectan, comezando co seu apoio ás candidaturas do BNG o vindeiro 22 de maio pero extendendo este compromiso cun futuro mellor no día a día.

Da gusto ver que en toda a comarca hai xente nova que decide dar a cara para axudar a cambiar o mundo no que viven, combatindo todas as calamidades destes tempos como paro, emigración, falta de oportunidades e de alternativas de lecer... que en Carnota alcanzan extremos insospeitados pola ausencia de políticas propias, o dispendio de recursos e tamén o clientelismo e partidismo en todas as contratacións.

No video tivemos representación da mocidade carnotá a través de Nuria Pampín, Chema Riveiro, Iván Franco e Mario Maceiras, que nun ton constructivo chaman á xente nova a participar no deseño dun futuro mellor, con máis autoorganización, máis emprego e máis oportunidades para todos independentemente da súa forma de pensar.

Tampouco podía faltar no video a mocidade acumulada de Ramón Noceda, candidato á alcaldía de Carnota, que aproveitou para pedir a implicación da xente nova na vida local.



O video estreouse esta mesma fin de semana no marco dun intenso Encontro da Mocidade durante o que Galiza Nova quixo presentalle á mocidade da Costa da Morte os candidatos e as propostas xuvenís do BNG da comarca.

Para colaborar con Galiza Nova nesta campaña ou no futuro, podes contactalos aquí.

1 comentarios:

  1. Anônimo on 11/5/11 09:24

    Si señor! Adiante!

     

    Ler máis...

    Arquivo

    Categorías