Un nadal inolvidábel para nenos... e para grandes

Publicado ás 15:25h, en , , | Ver comentarios (0)

O Concello de Carnota presentou nestes comezos de decembro o seu excelente programa cultural para convertir este nadal nunha época rebosante de actividades, festa, diversión e cultura para todos e todas.

PROGRAMACIÓN DAS XORNADAS CULTURAIS NADAL 2007

20 de decembro 19:30h. Salón de Actos da Casa do Concello
CONCERTO DE NADAL protagonizado polas alumnas e os alumnos da Escola Municipal de Música.

21 de decembro 19:00h. Colexio do Pindo
O PAZO DE PAPEL, fabulosa obra de teatro a cargo da compañía Teatro Buratini.

25 de decembro 20:00h. Colexio de Carnota
NADAL MÁXICO 2006. 1º Circuito galego de maxia, contaremos coa incríbel actuación de cinco prestixiosos magos.

30 de decembro 19:00h. Salón de Actos da Casa do Concello
MAMACABRA, gran espectáculo infantil de música e teatro.

31 de decembro 12:30h. Praza do Concello.
ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO para darlle a mellor benvida ao novo ano.

5 de xaneiro 19:30h.
CABALGATA DE REIS
Sairá á hora sinalada de Lamas de Castelo, e os Reis Magos irán acompañados con pasarrúas, zancudos, malabaristas... a procesión das Súas Maxestades rematará no Pavillón Polideportivo de Carnota.
Alí terá lugar unha FESTA INFANTIL, co discoteca móbil �Nadal total� (con Dj e gogós animadores, xogos, bailes, concursos, globofexia, máquina de fume. A visita dos Reis Magos ao noso Concello rematará cunha FESTA DA NEVE, durante a que sen dúbida os nenos gozarán como nunca.

Desde o BNG de Carnota esperamos que estas festividades se convirtan nas mellores da nosa historia, e desexámosvos a todos unhas boas festas, especialmente a aqueles que as levan esperando ansiosamente un ano enteiro. Bo nadal!

Máis proxectos, máis consenso... e máis Concello

Publicado ás 15:27h, en , , | Ver comentarios (0)

O pasado día 30 de novembro tivo lugar o Pleno Ordinario da corporación municipal.
A continuación resumimos os puntos máis destacábeis da sesión:

-Aprobouse o prego de cláusulas administrativas para a contratación do futuro Centro de Interpretación Paisaxística que se situará nos montes de Cabana, enriba de Lira.
-A corporación aprobou a adhesión ao Fondo galego de cooperación e solidariedade.
-Ratificouse a aprobación de cláusulas administrativas para a contratación do proxecto de adecuación de espazos públicos no núcleo de Lira.
-Solicitude de renovación da operación tesoureira ao BCL.
-Elexiuse o xuiz de paz titular e suplente.
-Aprobouse o proxecto técnico para a creación dunha escola infantil en Carnota que se encadrará dentro da rede galega de Galescolas. O proxecto suporá un investimento de 550.000�.
-Aprobouse do proxecto de ampliación da rede de saneamento e o investimento de 117.000� para levalo a cabo.
-Tamén se aprobou unha moción do goberno local con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Como vedes, a sesión estivo marcada pola aprobación de novos e interesantes proxectos para o desenvolvemento das potencialidades do noso concello, pero sobre todo, polo consenso absoluto entre goberno e oposición na totalidade dos puntos.


Parece que por fin o PP se decatou do absurdo e ineficaz da súa estratexia anquilosada de acoso e derribo permanente ao goberno municipal (e que, por certo, caracterizou toda a súa actividade desde que perdeu o goberno hai case oito anos). Esperemos que o motivo sexa un intelixente xiro de 180 graos a unha postura de oposición construtiva, e non á simple e reiterada ausencia de Pepe Oreiro, suposto líder da oposición, que segundo algúns rumores non confirmados aínda asi pretendería volver a presentarse dentro duns meses ante a cidadanía de Carnota como candidato á Alcaldía.

Pepe Taxes, reelixido xuíz de paz de Carnota

Publicado ás 15:26h, en , | Ver comentarios (0)

A corporación municipal do Concello de Carnota vén de nomear unha vez máis como xuíz de paz a Xosé Taxes, máis coñecido por todos os veciños como Pepe de Xan.

A escolla tivo lugar durante o Pleno Ordinario desenvolvido o pasado día 30 de novembro e contou co apoio unánime dos grupos que conforman o goberno municipal, asi como da oposición constituída polo PP.
Aproveitamos este momento para felicitar ao noso compañeiro por este sen dúbida merecido recoñecemento á súa intachábel traxectoria neste cargo asi como á súa constante implicación na vida política e social do noso concello.

    Ler máis...

    Arquivo

    Categorías