AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

17/07/2008

O Concello de Carnota esixe en Caldebarcos máis de 3.800 euros por "deixar arranxar" uns muiños e logo organiza percorridos turisticos polos mesmos

Unha asociación de veciños de Caldebarcos que vén de restaurar un conxunto de muíños na localidade informou ao BNG de Carnota que o Concello, que non colaborou de ningún xeito coa iniciativa, si lles esixiu máis de medio millón das antigas pesetas co pretexto dunha suposta licenza de obras necesaria para esa intervención que a propia asociación de veciños emprendera altruistamente e co apoio da administración autonómica.

Tan irracional medida subscitou o notábel enfado non só das persoas integradas na asociación, senón tamén o de moitos outros veciños de Caldebarcos que non se explican que un equipo de goberno elixido para defender e mellorar o seu pobo non só non moveu un dedo para contribuír coa rehabilitación do precioso conxunto de muíños, senón que ademais multou deste xeito unha labor veciñal tan altruísta como positiva para o noso medio ambiente e mesmo para sectores produtivos coma o turismo.

Por se isto fora pouco, inmediatamente despois de que a asociación se resignara a ingresarlle ao Concello a totalidade do diñeiro que lle esixía, o goberno do PP de Carnota sorprendeu a todos anunciando na prensa e mediante un Bando Municipal que iña organizar percorridos turísticos polo mesmo conxunto de muíños cuxa restauración acababa de gravar tan desmesuradamente.

É dificil manifestar nunhas poucas liñas o sentimento de indignación que nos están a transmitir moitos veciños de Caldebarcos pola absurda situación á que este goberno municipal deu lugar, e máis aínda sabendo que, durante as lexislaturas anteriores, co goberno municipal liderado polo BNG nunca se someteu a tal presión fiscal aos nosos veciños cando se trataba de intervencións de recuperación do patrimonio tradicional, senón todo o contrario.

Este tipo de actitudes avergonzantes só poden demostrar un absoluto afán recadatorio deste goberno municipal por riba de ningunha outra intención, pois ademais da súa total ausencia de programa e proxectos segue aparentemente obsesionado con "solucionar" os seus problemas financieiros (que eles mesmos se están a crear) atacando sen ningún disimulo o peto dos nosos veciños, xa sexa mediante a creación de impostos por servizos que nin sequera se están a prestar (saneamento no Pindo, asistencia domiciliaria...), o cobro por todo tipo de servizos antes gratuitos (cursos, actividades deportivas, incluso as fotocopias), e un longo etcétera.

Todo lle serve a este equipo de goberno con tal de recadar, excepto racionalizar as contratacións directas a conta do erario municipal, e xa non digamos os soldos de carácter político que se dispararon durante o ano e pouco que levamos de lexislatura como nunca o fixeran en toda a historia democrática neste concello.

Pola nosa parte, só nos resta condear rotundamente que o goberno municipal siga a intentar afogar economicamente ao veciño, como no caso que se trata, no que o propio veciño tivo que ser o que tomara a iniciativa ante o total abandono das cuestións municipais por parte do seu goberno, que se limita neste momento a executar cuestións aprobadas na derradeira etapa da anterior lexislatura, a renunciar a postos de emprego subvencionados para seguir incrementando as contratacións directas a conta das arcas municipais, e a suprimir (ou tentalo) todos aqueles proxectos que supoñían un rotundo logro de xestión da anterior corporación municipal.
Etiquetas: , , , , , , , ,

Hai 7 opinións.

  1. Temos o que merecemos, un goberno de senvergonzas onde botan a patadas a toda a xente minimamente válida e contratan a dediño e non se sabe para que ós que lle fixeron campaña. Ahora andan por Carnota adiante pasando a gorra porque os inutiles que entraron ai non saben nin onde teñen o puto cu e a xente que realmente sabia traballar e conseguir cousas está na rúa.
    Vaia maneira máis humillante de despedirse da política, señor Pepe Oreiro. Espero que cando te marches deixando o concello deslabazado durmas tranquilo, que polo menos a túa conta corrente e a dos teus quedan a bo recaudo.

    ResponderExcluir
  2. Todo sería esperalos por ali e correlos a paus...
    ós mangantes claro, os turistas non teñen culpa.

    ResponderExcluir
  3. Por certo, vaia ridiculo fixo "o alcaldiño" no concerto de María do Ceo (na Iglesia de San Mamede, novo centro de ocio de Carnota): O fulano botandose flores polo muitisimo "que lle costara" conseguir traer a María do Ceo ás festas de San mamede (como se nunca tal se vira, vamos), e vai e sale a cantante ó escenario e da as gracias por que a trouxeran a Carnota DE NOVO e mais a Caixa Galicia por organizar o concerto. Xa non sabes de onde has sacar cousas que vender, Porteliña.

    ResponderExcluir
  4. alavai, Oreiro acaba de estrenar blog, chámase "o teu alcalde fala" (só falou unha vez desde xullo, eso si).
    Só de ler esa parvada fixome sangrar os ollos jajajaj.

    ResponderExcluir
  5. A paxina do concello de Carnota hackeada, nin a paxina fan ben.

    ResponderExcluir
  6. Pero alguén viu a páxina do PP... digo do concello?
    http://www.concellodecarnota.com
    Porque vendo as imaxes da cabeceira pensaba que me metera sen querer na páxina do PP. Se é do concello porque só saen imaxes de cousas aprobadas entre o 95 e o 99, que pasa cos outros 25 anos que leva este concello en DEMOCRACIA?
    As imaxes mui bonitas por certo, a depuradora, a pista de Lira, o instituto, Conservas Dani... a ver cando o concello organiza algunha ruta turistica que pase por todos eses marabillosos lugares, desde logo sería un pracer para a vista... e o olfato.

    ResponderExcluir
  7. CONCELLO DE OUTES AUTORIZO LA CONSTRUCCION DE NAVE ILEGAL EN SUELO RUSTICO, NO URBANIZABLE Y SIN AUTORIZACION DE LA XUNTA DE GALICIA

    En el 2006, el alcalde de outes CARLOS ENRIQUE LOPEZ CRESPO (PP) autorizo la construccion ILEGAL de oficinas y nave de la empresa constructora OyS Noroeste en suelo rustico, no urbanizable y sin autorizacion de la Xunta de Galicia.

    Esto es increible...hicieron todo lo posible para no ser Publicado.....La gente del Concello de Outes no sabe nada de esto.....y CRESPO sigue de alcalde....como si no pasara nada....

    Para ver la noticia en mas detalle buscar en el internet - EL ALCALDE DE OUTES, IMPUTADO POR FALSEDAD DOCUMENTAL Y DELITO URBANISTICO

    Tambien buscar - OyS NOROESTE CONSTRUYO EN TERRENO RUSTICO Y SIN LICENCIA DE OBRA

    ResponderExcluir

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: