AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

13/02/2012

Un Entroido 2012 desde a sociedade e para a sociedade

O Concello de Carnota estrea este ano unha das programacións máis completas polo seu Entroido. Unha intensa axenda de actividades para todas as idades que durante case unha semana animará as rúas do noso municipio e na que destacan o importantísimo papel das distintas Asociacións do noso concello, que coa axuda do Concello conseguen que a cita se apresente do máis divertida sen supoñer grandes desembolsos do erario público. Desde o BNG de Carnota convidamos a toda a veciñanza a participar nas actividades culturais e de lecer que desde o 17 ata o 22 de febreiro darán cor ás rúas das distintas localidades do noso concello.
ENTROIDO 2012 NO CONCELLO DE CARNOTA

VENRES 17

17:30 PAVILLÓN DE CARNOTA (DETRÁS DO CONCELLO)
Festa infantil e Concurso de orellas*. Degustación de orellas para todos os asistentes. Contaremos tamén cun desfile de disfraces (incluso ata a estrada xeral, se o tempo o permite) para premiar os máis orixinais e a súa posta en escena (individual e colectivo, ata 10 participantes). PARA TODAS AS IDADES!

*COMO PARTICIPAR NO CONCURSO DE ORELLAS
Cada participante debe entregar arredor de 50 orellas nun prato de plástico ou de papel (de usar e tirar) no pavillón de Carnota, entre as 15:30h e as 16:30h. Alí haberá persoal para recollelas, apuntar os datos e ilas colocando. Un profesional da restauración e os votos do xurado premiarán “As mellores orellas de Carnota” cunha placa!

SÁBADO 18

12:00 CARNOTA
A Asociación O Patín fai chegar a Urdangarín e á infanta Cristina para percorrer as rúas de Carnota. Traerán a presenza do seu avogado? PARA TODAS AS IDADES!

16:00 LARIÑO
A Asociación Insua celebra unha festa de Entroido con concursos de orellas e de disfraces incluídos.

16:00 LIRA
A Asociación Canle, coa colaboración de Xurde, traerá á duquesa de Alba de pasarrúas para recibir no porto á Familia Real Inglesa. PARA TODAS AS IDADES!

17:30 O PINDO
A Asociación Pedramar organiza un desfile de celtas e viquingos e, á noite, lacoada nunha carpa na Solaina. PARA TODAS AS IDADES!

DOMINGO 19

17:30 O PINDO
A Asociación Pedramar fai un concurso de disfraces e o enterro de Facundo. PARA TODAS AS IDADES!

LUNS 20
11:00 CARNOTA (NA BIBLIOTECA MUNICIPAL)
Obradoiro “O Entroido tradicional en Carnota”. Para este obradoiro os rapaces deberán traer roupas vellas, accesorios variados e calquera cousa que sirva para disfrazarse coma antano. Tamén animamos a pais e avós a participar, contando as súas experiencias no Entroido. PARA TODAS AS IDADES!

MARTES 21
11:30 CARNOTA (NA CASA DO CONCELLO)
Obradoiro de máscaras, a cargo de Multijarana. PARA NENOS E NENAS!

16:00 CALDEBARCOS
Canle e Xurde volverán traer á duquesa de Alba e á Familia Real Inglesa polas rúas do lugar. PARA TODAS AS IDADES!

MÉRCORES 22
18:00 CARNOTA (NA CASA DO CONCELLO)
Proxección da película “RÍO”, ambientada na cidade de Rio de Janeiro no Entroido. PARA NENOS E NENAS!

*Non haberá actividades na Escola de Música, nas Escolas Deportivas Municipais nin cursos de informática os días 20, 21 e 22 de febreiro. O xoves día 23 retomaranse estas actividades nos horarios habituais. Máis información nas oficinas do Concello ou no 981 85 70 32
Etiquetas: , , , , , ,

Hai unha opinión.

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: