AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

28/06/2020

O BNG Carnota, no día do Orgullo LGTBi

Comparte e opina:

Grazas á loita incansábel do movemento LGBT organizado, hai xa 20 anos que a Organización Mundial da Saúde (OMS) finalmente eliminou a homosexualidade da súa Clasificación Internacional de Doenzas (ICD) onde fora como catalogada como trastorno psicolóxico que lexitimaba a denominada pseudoterapia de ‘reorientación sexual’, que atenta contra a dignidade humana e os dereitos humanos básicos e que lamentabelmente perdura aínda hoxe.

Pois, a pesar das innegábeis mellorías desde entón, a realidade para o colectivo non mudou substancialmente ao redor do mundo e as persoas LGBT seguen a padecer discriminacións pola súa orientación sexual e/ou identidade de xénero. Nen debemos esquecer que a patoloxización é unha realidade con que lidan as persoas trans todos os días no noso País, sendo totalmente inútil a actual lexislación galego ( Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia).

No contexto actual, cabe sinalar que o confinamento imposto para frear a pandemia da COVID-19 puido empeorar substancialmente a situación de moitas persoas LGBT ao se veren obrigadas a voltaren para a casa onde podían padecer a LGBTfobia familiar, cortadas da súa rede de apoio habitual, forzadas a se pecharen de novo no armario por medo ao rexeitamento e mesmo á violencia, quer física quer verbal.

Así, o risco xeral de surixren ou se agravaren problemas de saúde mental debido ao illamento, exacerbado polas dificuldades que entraña consultar cun/ha profesional durante este período dilatado, veríase agravado aínda máis dentro do colectivo LGBT, xa de por máis vulnerábel debido á discriminación que padece.

Este ano non van poder ter lugar as habituais manifestacións do Orgullo LGBT de xeito masivo. Xustamente por esta razón é imperativo seguirmos a visibilizar e denunciar os obstáculos e as discriminacións que continúan a asolar a vida das persoas LGBT ao participarmos nos diferentes actos reivindicativos que as organización LGBT de base van organizar ao longo da Galiza e que o BNG apoia.

A LGBTfobia non ten cabida en ningún ámbito da nosa sociedade, xa que atenta contra a convivencia, o respecto para a diferenza e a diversidade, piares básicos que deben sustentar calquera sociedade democrática e plural.

Desde o BNG de Carnota, non deixaremos de exixir os plenos dereitos do colectivo LGBT, tecendo unha alianza moi ampla de apoio para construírmos xuntas e xuntos unha Nova Galiza onde podermos vivir en igualdade e liberdade, para alén da nosa identidade sexual e/ou de xénero.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: