AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

27/10/2020

O BNG de Carnota ponse a disposición da veciñanza para achegar preguntas ao goberno municipal nos Plenos

Comparte e opina:

No pleno do día 1 de outubro o alcalde comunícanos a súa decisión de non contestar no mesmo pleno ás preguntas que se lle formulan e ás que dará resposta no primeiro pleno inmediatamente posterior, e dicir dous meses máis tarde. Ao non ter resposta as nosas preguntas de forma oral no pleno onde se expoñen, e amparados pola Lei, pretendemos formulalas por escrito e que se nos conteste no pleno inmediatamente posterior, polo que as preguntas se traladarán en tempo e forma vía rexistro, do cal terá cumprida información toda a veciñanza mediante a publicación nos medios habituais de comunicación do BNG de Carnota. Ante a imposibilidade de continuar cas asembleas veciñas por mor do agravamento da situación derivada de pandemia COVID-19, dende o BNG queremos ofrecerlle as nosas veciñas e veciños a posibilidade de que nos fagan chegar toda canta pregunta, proposta ou información que consideren necesarias incluír nese escrito para trasladarllas ao goberno municipal polo que podedes  contactar tanto co responsable local coma con calquera integrante do grupo municipal.


 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: