AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

30/01/2021

Premio ao Centro Social de Cornido

Nos últimos días vimos de coñecer a nova de que o Centro Social de Cornido consigueu unha mención nos prestixiosos Premios Nacionais de Arqitectura e Urbanismo do 2020, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/carnota/2021/01/29/centro-social-cornido-carnota-citado-premios-nacionales-arquitectura/00031611945739509419494.htm feito polo cal estamos encantados de que se recoñeza unha proposta prantexada polos veciñxs e recollida nunha das múltiples asambleas veciñais levadas a cabo polo anterior goberno municipal do BNG.

Soio nos queda felicitar aos autores da obra (diseñada por Juan Creus e Covadonga Carrasco), e sobre todo a veciñanza de Cornido e que poidan disfrutar dun centro digno onde poder desenvolver con normalidade as actividades propias dunha asociación veciñal tan dinámica como ten demostrado a cotío.
Esta obra foi executada dentro das obras incluídas no Plan de Obras e Servizos do 2017, rematada no 2019 e que recentemente (a finais do 2020) foilles entregado aos veciñxs polo actual goberno municipal para o seu disfrute.

Asimesmo tamén agardamos que o Centro Social do Valadiño axiña poida estar operativo e a disposición da veciñanza da montaña de Carnota. Obra que se está a executar nestes momentos, aínda que é unha actuación aprobada no POS 2018, e despois de salvar unhas cuestións de calificación urbanística no terreo donde se construe vai ser posible que en breve poidan disfrutar dunha obra tan demandada polos veciñxs.

Disde o BNG esperamos que estas actuacións supoñan un importante avance para os veciñxs de Cornido e a montaña de Carnota e sirvan como verdadeiros referentes dinamizadores recreativos e socio culturais dos seus pobos.


 

Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: