AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

11/03/2021

Pleno extraordinario do 11 de marzo

Comparte e opina:
Onte celebrouse un pleno extraordinario no noso concello con catro puntos da orde do día, solicitar catro subvencións nominativas á Deputación Provincial para mellora da iluminación nas zonas rural fase 1, rural fase 2, litoral fase 1 e litoral fase 2.

O BNG votou encontra e estes foron os nosos motivos:

1.- Este proxecto, agora dividido en catro, xa foi presentado a pleno o día 7 de marzo de 2020 por medio dunha “memoria descriptiva” e rexeitado pola maioria do pleno como a outra proposta do alcalde que era “comprometer o gasto correspondete á aportación municipal con cargo a fondos propios do orzamento de gastos...” Xa daquela o alcalde non contestou en como afectaría a petición desta subvención á estabilidade orzamentaria do Concello. Nin se existía certificación de disposición de crédito para levar a cabo as actuacións.

2- A día de hoxe seguimos cos orzamentos prorrogados polo que non existe partida orzamentaria para facer frente a estes proxectos.

3- Non temos certificado do secretario-interventor do Concello no que conste que hai disposición de crédito suficiente para levar a cabo as actuacións expostas. O único que nos consta é un certificado dun decreto no que o alcalde di “asumir o compromiso de habilitar crédito suficiente para financiar o proxecto,...” Se o alcalde asume o compromiso de crédito en contra do pleno é a súa responsabilidade.

Estas peticións de subvencións nominativas á Deputación, que as darán ou non, teñen por obxeto financiar unha parte da achega municipal das catro subvencións pedidas polo alcalde ao IDAE (axuda europea) e que ascenden en total a 1.379.127,74€.

O proxecto contempla o cambio de TODAS as luces do noso Concello. Carnota xa ten luminarias LED nunha boa parte do Concello e no seu día xa se fixo unha importante inversión, pero ahora se nos di que non valen e que hai que cambiar todas. Xa no pleno de fai un ano se lle dixo ao alcalde que había outras líneas de subvención máis interesantes para o noso Concello como a que melloraría a eficiencia enerxética dos bombeos de aguas residuais (a día de hoxe Carnota sigue pagando a depuración de residuais ao Concello de Dumbría).

A pesar de ter un acordo plenario en contra o alcalde seguiu adiante e solicitou as catro subvencións ao IDAE. Ca segregación dun proxecto en catro evita o control do pleno. Desde o BNG advertíuselle en sesión plenaria que era baixo a súa responsabilidade. O que non pode facer o alcalde (e xa non é a primeira vez) e non cumplir os acordos do pleno.

Queremos deixar claro que o BNG comparte a necesidade do aforro enerxético no noso Concello, pero o que non compartimos é que sexa compromentendo a súa estabilidade. Xa no seu día dixémoslle ao alcalde que o cambio das luminarias por LED (que é do que trata este proxecto) podíase seguir facendo aos poucos sen ter que empeñarnos de novo. Non era preciso pedir esas catro subvencións, podía pedir unha á que o Concello puidese facer fronte. Non entendemos que a cada momento se nos diga que “non hai cartos” e que sigan adiante con este proxecto porque aínda que a Deputación lle concedese as catro subvencións nominativas o Concello non só tería que achegar 58.550,57€ como nos din, tamén o adianto do total da actuación como sinala o BOE (La entidad beneficiaria deberá disponer de presupuesto propio para acometer la actuación, .....ya que el importe que corresponda a la cofinanciación FEDER se percibirá por el beneficiario una vez concluya y se certifique la actuación). E temos 1.379.127,74€ para adiantar?
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Facebook

  • ACEP Carnota
  • ACDR Asaghieiras
  • CEIP de Carnota
  • CEIP O Pindo
  • Asociación Cultural Canle de Lira
  • Asociación Veciñal Insua de Lariño
  • IES Lamas de Castelo
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • Plataforma Salvemos o Faro de Lariño
  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas
  • Asociación Veciñal Relámpago de San Mamede
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa O Patín de Carnota
  • Asociación Cultural Deportiva Recreativa Pedramar do Pindo
  • Asociación Veciñal Pedras da Area de Mallou e Maceiras
  • Asociación Veciñal Xurde Caldebarcos

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno e Euloxio Franco

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: