AD (728x60)

Slider Section

Submenu Section

12/10/2021

De todo menos crebas

Se os peixes come-crebas puido resultar nun principio unha boa idea, aparte de que resultasen estéticos nas súas localizacións ou non, o uso que se lles está dando demostra que non é así. Non pode ser que se utilicen como colectores de lixo, consideramos que en cada un dos peixes, debería estar perfectamente explicado o que é unha creba, e o que debe ou non debe meterse pola boca deses peixes. O impacto visual dos peixes ateigados de lixo non é a mellor imaxe que podemos trasladar á xente que nos visita e xs veciñxs aparte dos cheiros que desprenden. Ademais a periodicidade do baleirado e a forma no que se fai non son nin moito menos o axeitado. Os operarixs municipais para proceder ao baleirado dos peixes teñen que meterse dentro dos mesmos, có conseguinte perigo que leva aparellado pola presenza de todo tipo de materiais, como cristais, xiringas, etc. Preguntado ao Sr. Alcalde no último pleno polo asunto o argumento que nos esgrime é que os empregadxs municipais xa “utilizan guantes”. Dende o BNG esiximos que se adopten as medidas necesarias para que os peixes come-crebas pasen a ser verdadeiramente funcionais, e así evitar problemas de salubridade para os usuarios das praias e de seguridade para os traballadores municipais.
Etiquetas:

Hai 0 opinións.

Publica a túa!

 

Visitas

Na memoria de Antón do Corenteno, Euloxio Franco e Marupe Armendáriz

Páxina web da Asemblea local do BNG de Carnota. Todos os contidos desta páxina distribúense baixo licenza Creative Commons 2.5 menos onde se exprese o contrario. Isto é un traballo de Connosco baseado en Templateism.com. Séguenos nas nosas redes sociais: